23.12.07

Bo Nadal e Feliz 2008

Desde Unha lagoa de libros queremos desexarvos


RockYou FXText

21.12.07

Actividades de Nadal

Hoxe dedicamos a mañá a actividades diversas para celebrar o Nadal.

A partir das 10 realizáronse actividades deportivas, do torneo interno, e tamén un partido de exhibición profesores/alumnos.





Na Aula de vídeo proxectouse a película Shrek.
Na Biblioteca reunímonos profesores e alumnos. Alí fomos escoitando as experiencias que nos relataron rapaces chegados de países máis ou menos afastados: Arxentina, Brasil, Ecuador, Rumanía, Venezuela... que nos contaron como se celebran estas festas en diversas partes do mundo. Algúns alumnos leron breves relatos elaborados por eles mesmos na clase de Literatura Universal. Todos estes textos recollémolos no apartado "Creación. Os nosos textos."



E ás 11:30 xuntámonos no Salon de Actos para o "Festival de Nadal", presentado por Eva Gil e Estefanía Escudero, cun amplo e variado programa:
Panxoliñas elaboradas polos alumnos de 1º de ESO.
Panxoliña Brasileira (2º B9
Extracto do Mesías de Haendel (2º C)
"Noite de paz" (2º de ESO e 1º de Bacharelato)
Panxoliña Boliviana (2º A)
Pezas para gaita (Esteban Martín, 3º C)
"Adeste Fideles" (3º B e 1º de Bacharelato)
Alba Fernández (3º B): "Si tú eres mi hombre"
"Esta noche es Nochebuena" (4º C, D)
"Jingle Bells" (4ª C, D, 1ª Bacharelato C, E)
Baile "Don´t stop the music" (2º A, B)
Canon de Pachelbel (2ª Bacharelato)
Panxoliña de 1825 (2º Bacharelato)
"África" (2º Bacharelato)
Grupo de rock "Torre de marfil", con Alexia (4º D)
Grupo de rock "Skolma"






E marchamos de vacacións...

20.12.07

María González, alumna de 2º de Bacharelato, presenta a última novela de Alfredo Conde


Carlos Varela envíanos este comentario acerca da presentación en Ourense da última novela de Alfredo Conde.

"O pasado día 17, no salón de actos da biblioteca da rúa Concello, Galaxiao rganizou a presentación da última novela de Alfredo Conde, "María dasbatallas". Con anterioridade, a editora fixérame a proposta de escoller algún alumno do instituto para que lese a novela e participase na referida presentación, opinando sobre a mesma, expresando as vivencias persoais que lle producira ou preguntando ao autor sobre aspectos da mesma. Tiña oído falar de María como excelente alumna e mais ávida lectora, e foi a ela a quen, un venres, lle propuxen presentar o libro.

Aceptou decidida despois de lle botar unha ollada na fin de semana. Canda ela participou outro rapaz (Alexandre?), que viña do Otero Pedrayo. E foi un éxito. Para Galaxia, que soubo escoller un formato áxil e cheo de credibilidade, moi axeitado para este tipo de actos. Para Alfredo Conde e a súa novela, que recolleron dos mozos loanzas e parabéns que soaban sinceros. Para o público, ao que nos resultaron gratas e mesmo emocionantes estas presenzas xuvenís tan competentes. E para a moza.

María González puido facer exhibición dunha capacidade de análise que escapou da rixidez dos guións académicos, comunicando con naturalidade (espontánea só na aparencia), nun galego conciso, enxebre na gramática e auténtico na dicción. Era o ton que cumpría, sen deixar de ser rigorosa e profunda.

María é de Chandrexa de Queixa. Souben no acto que tiña gañado un concurso de relatos no Centro Galego de Leoia. Creo."



















PANXOLIÑA DE 1º D

video

PANXOLIÑA DE 1º C

video

17.12.07

Algunhas citas sobre a lectura


Aquí van algunhas citas sobre os libros e a lectura. Seguro que estamos moi de acordo con moitas delas, ou non?
E, se coñecedes algunha outra cita de interese, facédenola saber.


"Os meus libros sempre están á miña disposición, nunca están ocupados"(Marco Tulio Cicerón)

"Non hai espectáculo máis fermoso ca a mirada dun neno que le" (Günter Grass)

"Non hai libro tan malo do que non se poida aprender algo bo" (Plinio o Xove)

"A mellor característica dun libro é que provoque reaccións no lector e o empuxe a actuar" (Thomas Carlyle)

"Polo grosor do po nos libros dunha biblioteca pública pode medirse a cultura dun pobo" (Autor desconocido)

"Os libros son amigos que nunca decepcionan" (Thomas Carlyle)

"Amar a lectura é cambiar horas de fastío por horas de inefable e deliciosa compañía" (John Fitzgerald Kennedy)

"Considero que a televisión é tan educativa... que cada vez que alguén pon en marcha a televisión saio da habitación e instálome noutra para ler un libro" (Groucho Marx)

"El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho." (Miguel de Cervantes Saavedra)

"Os libros son abellas que transportan o pole da sabiduría dunha mente a outra" (James Rusell Lowell)

"A lectura é a viaxe dos que non poden tomar o tren" (F. de Croisset)

"A lectura dun bo libro é un diálogo incesante, en que o libro fala e a alma contesta" (André Maurois)

"A lectura é para o espírito, o que a ximnasia para o corpo" (Steele)




13.12.07

O neno do pixama de raias, xa en galego

A editorial Factoría K acaba de publicar a súa tradución ao galego deste gran éxito literario do escritor irlandés John Boyne

Podedes ler a edición orixinal en inglés: The boy in the Striped Pyjamas ou optar pola versión castelá de Editorial Salamandra ou por estoutra en galego de Factoría K.

Animádevos porque seguro que vos interesará esta apaixoante historia narrada desde a perspectiva de Bruno, un neno de 9 anos.

Aqueles que xa o estades lendo contádenos a vosa impresión inicial, porque nos interesa saber ...

E TI QUE OPINAS ?

Sesión de contacontos

Os alumnos de 1º de ESO acudiron a unha sesión de contacontos no salón de actos con Iago López Santos, organizada pola editorial Vicens Vives en relación co libro El gigante egoísta de Oscar Wilde que acaban de ler.

Entre outras interesantes actividades, crearon magníficos relatos colectivos, que proximamente incorporaremos a este blog.

Unha boa experiencia que haberá que repetir.

11.12.07

CLUB DE LECTURA AS LAGOAS

É un grupo aberto, de profesores e alumnos, que se reúne cada certo tempo para cambiar impresións sobre un libro, lido previamente na casa.

Non é unha reunión para especialistas en literatura, senón para lectores comúns. Trátase de comentar o lido e compartir cos demais o impacto persoal que produciu en cada un: temática, estilo, personaxes, acción e, por suposto, sentimentos e reflexións que a lectura do libro evocou no lector.

- Comezaremos con narrativa.
- En lingua galega ou castelá.
- Faremos reunións na biblioteca cada mes para comentar o lido e propoñer, se é o caso, nova lectura.
- Tamén se pode participar de xeito virtual a través do blog.

A primeira lectura proposta é:

El niño con el pijama de rayas, novela do escritor irlandés John Boyne, publicada pola editorial Salamandra.



É un libro do que se está a falar moito xa que se converteu nun éxito literario, conseguiu moitos premios, traduciuse a 22 idiomas e xa se transformou nunha película de Disney, dirixida por Mark Herman.



É unha obra fácil de ler e que engancha con facilidade.

Na Biblioteca haberá exemplares a disposición dos lectores interesados.

Convidámosvos a ler o libro e a asistir á próxima reunión o día 15 de xaneiro, no recreo.

E tamén a que deixedes os vosos comentarios no club de lectura virtual, que tedes na marxe dereita do blog. Para iso ide a “Comentarios”, pinchade e incluíde as vosas opinións cando desexedes.

Coordinan esta actividade: Mª Carmen, Elvira, Hortensia, Celia e Virxilio.

PANXOLIÑAS

Os alumnos de 1º de ESO compuxeron estas fermosas panxoliñas.
Proximamente colgaremos os vídeos coas intepretacións musicais das mesmas

NADAL EN OURENSE

Os nenos das Lagoas
viaxaron a Belén
levaron pasteliños
e tarriños con mel.

Levaron un pandeiro,
a gaita e o tambor
para cantarlle ao neno
unha canción de amor.

Pa que non pase frío
no portal de Belén
levaron patuquiños
e un abrigo de pel.

Ó chegar ó portal
saudaron a María
e mandounos calar
porque o neno durmía.

Non te espertes, neno,
cantáronlle os de Ourense,
con voz baixa e queda
cinco cantos de berce.

María estaba leda,
San Xosé tamén,
e o neno espertou
con ganas de comer.


(1º A)


A NOSA PANXOLIÑA

Os de 1º B
temos na nosa aula
para levarlle ao neno
a cesta acugulada.

De tortiñas, de doces,
de torrixas con mel,
para levarlle ao neno
cousiñas pra comer.

Chegamos a Belén
coa cestiña ben chea
e o que mellor lle soubo
foivos o pan de Cea.

O viño do Ribeiro
gústalle a San Xosé
pero bebeu pouquiño
eu non vos sei por que.

Saímos da autoestrada
en Allariz paramos
a mercar pra María
moitos amendoados.

Coas présas da viaxe
esquecemos a bica
e sentímolo moito
porque estaba moi rica.

Moi ledos e contentos
regresamos a Ourense
por ter deixado ao neno
tan fartiño e tan quente.

(1º B)


A VIAXE A BELÉN

Os rapaces das Lagoas
queremos ir a Belén
para levarlle ao meniño
moito pan, queixiño e mel.

Como non temos transporte
termos que ir a pé,
pararemos polos bares
a tomar un bo café.

Saudaremos a María
e tamén a san Xosé
bicaremos ó meniño
con cariño, abofé.

A mula e o boi
teñen ganas de comer
compraremos alimento
no súper de Mohamed.

Para o neno compraremos
un bote de leite en po
e tamén lle levaremos
unha pata de xamón.

Voltaremos pra Ourense
coas fotos de Belén
pra vendelas no top-manta
a un euro ¡ai que ben!

(1º C)

Este Nadal nas Lagoas
Xesusiño nacerá
e ao vernos todos xuntos
o meniño sorrirá.

Deica Belén viaxaremos
para ilo adorar,
cando estemos alí todos
panxoliñas ¡a cantar!

Levarémoslle agasallos
comprados no "toys"R"as"
playstation e buxainas
para que poida xogar.

E do Gadis levaremos
leite, azucre e colacao
para que o neno medre
forte e ben alimentao.

A María, moitos bicos,
a Xosé, a nosa man
e o pequeno dorme ledo
ata que chegue o serán.

Xa vai sendo hora de irse
e pra Ourense regresar
que xa vén a Noiteboa
e agárdannos pra cear.

Outro ano voltaremos
con moitos regalos máis
e esta doce panxoliña
volveremos a cantar.

Feliz ano para todos
e pasade bo Nadal.
Vémonos no 2008
e agora ¡A FESTEXAR!

(1º D)







2.12.07

Poesía e publicidade

Ás veces a publicidade bota man de textos literarios para expoñer as súas mensaxes.

A profesora María Jesús Fuertes coméntanos a presenza do poema "IF" de Ruyard Kipling no último anuncio de Repsol que está sendo emitido por televisión.

Ruyard Kipling, nacido en Bombay en 1865, foi o primeiro escritor británico que recibiu o premio nobel (en 1907) e a súa obra máis popular é O libro da selva, que conta con moitas versións no cine.

No poema "IF" expón as condicións que lle fan ao home acadar unha vida plena e chea de sentido; o poema representa a procura polo ser humano do seu equilibrio, benestar e razón de ser.

Aquí vai o poema orixinal inglés e unha tradución ao castelán para poder comparalo co texto que incorpora o anuncio de Repsol

IF
If you can keep your head when all about you
are losing theirs and blaming it on you,
if you can trust yourself when all men doubt you,
but make allowance for their doubting too;
if you can wait and not be tired by waiting,
or being lied about, don't deal in lies,
or being hated, don't give way to hating,
and yet don't look too good, nor talk too wise:

If you can dream - and not make dreams your master;
if you can think - and not make thoughts your aim;
if you can meet with Triumph and Disaster
and treat those two impostors just the same;
if you can bear to hear the truth you've spoken
twisted by knaves to make a trap for fools,
or watch the things you gave your life to, broken,
and stoop and build'em up with worn-out tools.

If you can make one heap of all your winnings
and risk it on one turn of pitch-and-toss,
and lose, and start again at your beginnings
and never breathe a word about your loss;
if you can force your heart and nerve and sinew
to serve your turn long after they are gone,
and so hold on when there is nothing in you
except the Will which says to them: 'Hold on!'

If you can talk with crowds and keep your virtue,
or walk with Kings - nor lose the common touch,
if neither foes nor loving friends can hurt you,
if all men count with you, but none too much;
if you can fill the unforgiving minute
with sixty seconds' worth of distance run,
yours is the Earth and everything that's in it,
and -which is more- you'll be a Man, my son!.

Podes escoitalo neste vídeo:



E agora a tradución ao castelán:


SI
Si guardas en tu puesto la cabeza tranquila,
cuando todo a tu lado es cabeza perdida.
Si tienes en ti mismo una fe que te niegan
y no desprecias nunca las dudas que ellos tengan.
Si esperas en tu puesto, sin fatiga en la espera.
Si engañado, no engañas.
Si no buscas más odio, que el odio que te tengan.
Si eres bueno, y no finges ser mejor de lo que eres.
Si al hablar no exageras, lo que sabes y quieres.
Si sueñas y los sueños no te hacen su esclavo.
Si piensas y rechazas lo que piensas en vano.
Si alcanzas el TRIUNFO o llega tu DERROTA,
y a los dos impostores les tratas de igual forma.
Si logras que se sepa la verdad que has hablado,
a pesar del sofisma del Orbe encanallado.
Si vuelves al comienzo de la obra perdida,
aunque esta obra sea la de toda tu vida.
Si arriesgas de un golpe y lleno de alegría,
tus ganancias de siempre a la suerte de un día,
y pierdes, y te lanzas de nuevo a la pelea,
sin decir nada a nadie lo que eres, ni lo que eras.
Si logras que los nervios y el corazón te asistan,
aún después de su fuga, en tu cuerpo en fatiga,
y se agarren contigo, cuando no quede nada,
porque tú lo deseas, lo quieres y mandas.
Si hablas con el pueblo, y guardas la virtud.
Si marchas junto a Reyes, con tu paso y tu luz.
Si nadie que te hiera, llega a hacerte la herida.
Si todos te reclaman, y ninguno te precisa.
Si llenas el minuto inolvidable y cierto,
de sesenta segundos, que te llevan al cielo.
TODO lo de esta Tierra será de tu dominio,
Y mucho más aún ...¡ Serás HOMBRE, hijo mío !


Hai tamén unha versión con adaptación musical (composición e arreglo musical de Miguel Herrero) que podes escoitar neste enderezo: http://ficheros.rumbos.net/co_b_06.mp3