21.3.09

O CARRABOUXO EN FLOCOS



Para os ourensáns o Carrabouxo é xa un personaxe máis da cidade, ao que atopamos cada día nas páxinas de La Región ou cando transitamos a carón da súa estatua polo Parque de San Lázaro.

Agora, ademais, podemos ver as súas historias en formato audiovisual. Trátase dunha serie de animación que recolle a animación dos populares debuxos realizados por Xosé Lois.

Só temos que entrar na páxina de flocos.tv (o cineclube do audiovisual galego) e ir ao apartado de ANIMACIÓN.

http://flocos.tv/curta/o-carrabouxo-1/

14.3.09

CLUB DE LECTURA AS LAGOAS

Este é o noso novo blog. Un espazo exclusivo do Club de Lectura que poñemos ao voso dispor para que anotedes as vosas opinións acerca dos libros que estades a ler, para que nos recomendedes as vosas lecturas favoritas, para discrepar ou concordar coas opinións xa expostas e, en definitiva, para todos xuntos compartir o pracer de ler.
Agardamos as vosas visitas, os vosos comentarios e a vosa participación como redactores.

Podedes acceder picando no enlace que está un pouco máis abaixo á esquerda, ou ben desde aquí mesmo: http://clubdelecturaaslagoas.blogspot.com/

10.3.09

Ramón Piñeiro en propia voz


O Consello da Cultura Galega acaba de incorporar na sección PodSons, O podcast do Arquivo Sonoro de Galicia, unha colección sonora sobre Ramón Piñeiro formada por 10 gravacións de distinta orixe (entrevistas, conferencias, programas radiófonicos ou actos parlamentarios...) que nos achegan a personalidade deste polifacético personaxe homenaxeado no Día das Letras Galegas 2009.


Pódese acceder picando neste enlace: Consello da Cultura Galega

6.3.09

MULLER TRABALLADORA, MULLER INVISIBLE

Hoxe na Biblioteca realizouse unha actividade enmarcada dentro da celebración do Día da Muller, organizada pola profesora de FOL Marisol Amoeiro. As letradas Victoria Eugenia Diéguez e Cristina Paz fixeron un percorrido pola historia da muller e salientaron algunhas figuras representativas de distintos campos da arte e do coñecemento. As mulleres elixidas, sendo importantes para o desenvolvemento da humanidade, non foron recoñecidas xustamente pola propia historia e quedaron, ás veces, ocultas trala figura dun home; outras, simple e gravemente foron infravaloradas pola súa condición feminina.
O percorrido comezou no século X con Hipatia de Alexandria e terminou nos nosos días coa alpinista viguesa Chus Lago. En medio, figuras como Artemisa Gentileschi, Judith Lester, Ada Byron, Alma Mahler, Camile Claudel, Frida Khalo ou Clara Blanco, entre outras.
Interesante actividade que oxalá, cando menos, nos fixera reflexionar sobre a situación da muller na sociedade.