24.2.16

DÍA DE ROSALÍA 2016

Hoxe celebramos o Día de Rosalía co alumnado de 1º C e fíxémolo da mellor maneira posible: achegándonos á súa obra literaria e recitando unha selección de poemas de Cantares Gallegos e de Follas Novas.











17.2.16

CONCURSO ILUSTRACIÓN

Por segundo ano, a Biblioteca convoca o Concurso de Ilustración.

Agardamos a vosa participación!

16.2.16

ÁMOTE LEO A.


O alumnado de 3º de ESO le nesta avaliación esta novela de Rosa Aneiros. Premio Irmandade do Libro ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014.

 
"Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os seus estudos universitarios. En cambio, todos se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos" (Presentación editorial)

Deixade os vosos comentarios e impresións de lectura.

11.2.16

CHAMÁDEME SIMBAD

O alumnado de primeiro de ESO leu nesta avaliación a novela de Francisco Castro Chamádeme Simbad, obra que foi recoñecida na Lista de Honra do IBBY 2012 na modalidade de escritores, Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de 1º e 2º da ESO, Premio ao "mellor libro infantil de 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.

Trátase dunha historia tenra e emotiva que contrasta, a través do humor, o mundo dos nenos co dos adultos e achéganos  a problemática dunha enfermidade silenciosa que trastoca toda a vida familiar.

"O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro." (presentación editorial)


Que vos parece esta historia? Deixade as vosas reflexións e comentarios de lectura.

5.2.16

PREMIO MARCAPÁXINAS

Xa temos gañadoras do Concurso de Marcapáxinas convocado un ano máis pola biblioteca.

O marcapáxinas gañador foi realizado por CANDELA MAZAIRA LLORENTE (4º C).





O segundo premio recaeu en ELVIRA JING NEGREIRA GÁNDARA(1ª ESO A)




Noraboa as dúas gañadoras!!