25.12.16

MÁIS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA




RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL



O alumnado de Comunicación Oral de 1º BAC felicita o Nadal dende a biblioteca desexándonos unha felices lecturas e recomendándonos algúns títulos que, con seguridade, resultarán do agrado de todos. Como agasallo final, Alejandro agasállanos cun literario e sorprendente  truco de maxia.











22.12.16

BO NADAL E FELICES LECTURAS

A biblioteca deséxavos un bo Nadal e un moi feliz ano 2017 no que sigamos compartindo o pracer da lectura.


Unha selección de libros interesantes
 E algunhas propostas do alumnado de 1º de ESO.


21.12.16

CONCURSO MARCAPÁXINAS

Xa temos  gañadores do Concurso de marcapáxinas.


1º premio: MANUEL LAMELA VÁZQUEZ (1º ESO-B). Logo da súa impresión, converterase no marcapáxinas oficial deste curso.


 2º premio: GABRIEL FOLGOSO (1º ESO-E )

3º premio: PABLO RODRÍGUEZ MATEO (1º ESO-A)


Accésit: IRIA CRESPO (1º ESO-E)

Parabéns aos gañadores!!!
E tamén a todo o alumnado de 1º de ESO pola súa participación e pola creatividade e beleza das súas creacións.  As seguintes imaxes son boa proba.

 





18.12.16

O ACHADO DO CASTRO

O alumnado de 2º F de Bacharelo de Artes representou a obra teatral O achado do castro de Manuel Núñez Singala,  baixo a dirección do profesor Xosé Antón Calviño. O bo facer dos actores e actrices e a comicidade da obra víronse recoñecidos con risas e aplausos moi merecidos. 
Parabéns a todos os que participaron nesta montaxe!!!







13.12.16

PRÓXIMA LECTURA DO CLUB DE 3º E 4º

Esta mañá os integrantes do club de lectura de 3º e 4º recolleron os exemplares da próxima novela que comentarán nas reunións que se convocarán xa no próximo trimestre.
Trátase de La sombra del viento de Carlos Ruiz Zafón.
Feliz lectura!!!




9.12.16

O ACHADO DO CASTRO



Hoxe realizamos unha sesión de lectura dramatizada na biblioteca co alumnado de 1º A e 1º B. A obra escollida foi O achado do castro, de Manuel Núñez Singala. Un texto divertido que arrancou gargalladas ao ler os disparatados parlamentos de Caleno, Catulo, Carmiñae, Manolitus, Emperador...
A próxima semana asistiremos á representación teatral no salón de actos realizada polo alumnado de 2º de Bacharelato de Artes.