23.2.17

EXPOSICIÓN ROSALÍA

Velaquí a exposición que montamos na biblioteca cos exemplares das obras de Rosalía.
Unha boa ocasión para achegarnos aos seus versos.



 



Vídeo: Adiós ríos, adiós fontes

Seguimos celebrando a conmemoración do 180º aniversario de Rosalía.
SOFÍA IGLESIAS CADAYA (1º B BACHARELATO) é a autora desta fermosa recreación do poema "Adiós río, adiós fontes"
Parabéns polo teu traballo, Sofía!!

video

21.2.17

DÍA DE ROSALÍA

24 DE FEBREIRO DE 2017 

DÍA DE ROSALÍA 

180º ANIVERSARIO 

 

 
Os poemas de Rosalía foron musicados por diversos cantautores e grupos, e en distintos estilos. Aquí unha selección: NEGRA SOMBRA, NA VERSIÓN DE LUZ CASAL NEGRA SOMBRA, por ASTAROT NEGRA SOMBRA, O VAL DAS MOURAS ADIOS RIOS, ADIOS FONTES, por AMANCIO PRADA A XUSTIZA POLA MAN, por NAO A XUSTIZA POLA MAN, por ABE RÁBADE e GAUDI GALEGO A XUSTIZA POLA MAN, O Val das mouras TECIN SOIA A MIÑA TEA, NORFOLK XAN, por QUEMPALLOU UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO, AID (versión RAP) CAMPANAS DE BASTABALES, Amancio Prada Amancio Prada
PRA A HABANA, O Val das mouras

6.2.17

HORA DE LER

Hoxe iniciamos a Hora de Ler. Nesta primeira semana será o alumnado de 1º de ESO os que teña vinte minutos de lectura diaria, nas próximas iranse incorporando os grupos restantes ata completar toda a ESO.
Nesta primeira xornada a valoración resultou altamente positiva, como pode verse nas imaxes (1º B ESO)






PREMIO MARCAPÁXINAS

O día 3 de febreiro entregamos na biblioteca os premios aos gañadores do Concurso de Marcapáxinas.
Parabéns!!!









TERTULIA LITERARIA



O día 2 de febreiro o Club de lectura de 1º BAC participou na tertulia literaria do Liceo xunto con alumnado doutros centros da cidade. Durante a sesión compartíronse puntos de vista e opinións  que complementaron a visión que d’ As horas roubadas nos ofrecera o día anterior a autora. 








2.2.17

PREPARACIÓN TERTULIAS LITERARIAS

O alumnado do Club de lectura de 1º Bacharelato prepara o libro As horas roubadas, de María Solar, para participar na Tertulia literaria organizada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense. Entre os temas da novela que máis comentarios están suscitando, destacan o maltrato, a situación da muller, as relacións de parella…







DIA DA PAZ 2017

O día 30 o alumnado de 1º de ESO conmemorou na biblioteca o Día da paz e a non-violencia.

Elaboraron as súas pombas da paz e escribiron textos reivindicativos de creación propia ou citas de diversas persoas que teñen destacado pola súa defensa dos dereitos humanos, da solidariedade e da paz

Tamén contamos cunha selección de obras literarias sobre este tema.