31.5.18

LETRAS GALEGAS 2018

No Mes das Letras homenaxeamos a Mª VICTORIA MORENO cunha exposición sobre a autora con códigos QR na entrada do centro e con murais realizados polo alumnado de 4º de ESO. Na biblioteca podedes atopar un exemplo dos seus títulos máis representativos e os últimos estudos e biografías publicadas. En breve presentaremos os cómics elaborados polo alumnado de 1º ESO sobre a súa vida.






23.5.18

SEMANA DO LIBRO

O Departamento de Lingua Castelá e Literatura fixo entrega dos premios do Certame Literario convocado con motivo da Semana do Libro.
Os gañadores foron:

15.5.18

BIBLIONOVAS Nº 5

Xa está dispoñible o último número de Biblionovas, o noso boletín de biblioteca. Incorpora as últimas actuacións desenvolvidas polo equipo de biblioteca: fallo dos concursos de marcapáxinas e ilustración, o encontro coa poeta Paula Carballeira, as actividades dos diversos Clubs de Lectura, a participación nas Tertulias Literarias, o traballo dos rapaces e rapazas do Voluntariado, os concertos na biblioteca... Tamén a participación no Proxecto de Investigación sobre Clubs de Lectura para o que foi seleccionado o noso centro.
Un ano de intensa actividade que deu gorentosos froitos!!


PREMIOS CERTAME ILUSTRACIÓN

O IV Certame de Ilustración xa ten gañadores. Nesta ocasión o relato protagonista foi "O segredo", do libro Retrincos de Castelao. Os gañadores son:

1º premio: JOSÉ JUAN CAMBRE FERNÁNDEZ (1º ESO-E)

2º premio: MATEO CRUZ NÚÑEZ (1º ESO-A)


3º premio: SOFÍA GRANDE FERNÁNDEZ (1º ESO-A)


Tres accésits: CELIA ISLA SÁNCHEZ (1º ESO-A), 

 ALEJANDRO NOGUEIRAS GONZÁLEZ (1º ESO-B)

e  MARTA CUÍÑAS ESCUDERO (1º ESO-D)

Parabéns a todos os gañadores e gañadoras!!!!
Ademais da edición en papel do libro co texto e as ilustracións, tamén está presente en versión dixital:


10.5.18

EXCURSIÓN A CELANOVA

 Retomamos este curso a tradicional excursión a Celanova co alumnado de 3º de ESO. Un numeroso grupo de rapaces e rapazas (91), acompañados de tres profesoras e un profesor, disfrutou dunha interesante xornada na que visitaron os seguintes lugares:
-CASTROMAO


-CASA DOS POETAS. FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ



-MOSTEIRO DE SAN ROSENDO


-VILANOVA DOS INFANTES


Os poemas de Curros, Celso Emilio e Ferrín acompañáronnos ao longo da xornada, na que tamén contamos coa colaboración dos guías: Paula, Susana e Aquilino, aos que moito agradecemos as súas amenas e interesantes explicacións.


9.5.18

TERTULIAS - ROY LORIGA


O xoves 3 de maio asistimos no salón nobre do Liceo ourensán á charla de Ray Loriga, autor da novela Rendición. Foi moi reveladora a visión que nos achegou da novela, principalmente no que respecta á voz narradora e á mensaxe que pretende transmitir. Tamén resultaron moi interesantes as preguntas que o alumnado participante lle foi realizando e que foron recibidas con moita atención por parte do autor. De recordo queda para a nosa biblioteca o exemplar asinado.




5.5.18

ENCONTRO CON PAULA CARBALLEIRA

O día  4 de maio volveunos visitar PAULA CARBALLEIRA para falar do seu libro Nunca mascotas co alumnado de 1º de ESO. Unha vez máis repetimos o éxito de anos anteriores: atención, risas, complicidade, moitas preguntas e moitos libros para asinar.
Neste enlace poden lerse algúns dos comentarios dos lectores, fascinados con este libro que demostra que os máis novos tamén disfrutan da poesía.  (Comentarios Nunca mascotas - os lectores opinan)









3.5.18

TERTULIAS LITERARIAS - RENDICIÓN


O mércores 25 de abril os membros do Club de lectura de 4º ESO e 1º BAC participaron na tertulia literaria sobre a novela Rendición, de Ray Loriga. Parte do debate centrouse na análise das relacións establecidas entre os distintos personaxes e na interpretación do desenlace. As conclusións finais foron moi variadas e destacou a interpretación alegórica relacionada coa presenza das redes sociais na sociedade actual.