24.2.18

CONCERTO NA BIBLIOTECA

Con motivo da celebración do Día de Rosalía, a Biblioteca acolleu un Concerto a cargo de varias alumnas de 1º D de ESO.
Marta Ánxela Cotos, interveu como presentadora. 


María López (viola), Mencía Luís (frauta) e Alba Fidalgo (óboe) interpretaron "O son do ar".




Paula Cueto (guitarra) ofreceu "Bágoa"


María López (bombardino) interpretou o Concertino



 Uxía Romero e Paula Cueto interpretaron a composición da súa autoría "Rosalía"

VISITA Á BIBLIOTECA DE OURENSE

Estes días o alumnado de 1º de ESO realiza unha visita guiada á Biblioteca Pública de Ourense. Coñecemos as instalacións, percorremos os distintos espazos e coñecemos os fondos que posúe e a maneira de localizalos. Unha visita interesante que teremos que repetir en anos próximos.

1º A
 1º B
 1º D
 1ºE
 1º C







15.2.18

OS NOSOS ENCADEADOS


Os nosos encadeados é unha revista que recolle os xogos de lingua realizados polo alumnado de 1º de ESO. Quen se anima a xogar coas palabras?



8.2.18

TERTULIAS LITERARIAS - IZAN O DA SACA



O xoves 1 de febreiro o Club de lectura de 1º Bacharelato participou na tertulia literaria xunto con outros centros da provincia. Entre todos foron debullando Izan o da saca, a medio camiño  entre a novela histórica e o xénero negro. A presenza dos nazis en Galicia resultou ser o tema que máis interese suscitou, xunto coa valoración dos personaxes principais. Ao remate, o autor Xabier Quiroga presentou un interesante repaso fotográfico  polos espazos nos que se desenvolve a acción. A lectura non puido quedar máis completa!!






6.2.18

MARCAPÁXINAS 2017

Xa temos gañador do concurso de Marcapáxinas!
Paula Cueto de 1º ESO D fíxose co primeiro premio

Mateo Cruz, de 1º A conseguiu o segundo.
 Rubén Martín, de 1º B, obtivo o terceiro.
 Rocío Rodríguez, de 3º B, o cuarto
 E Verónica Patricia Domínguez, de 3º D, o quinto.




1º Premio: Paula Cueto
 

 2º premio: Mateo Cruz
  

3º Premio: Rubén Martín

4º premio: Rocío Rodríguez
  

 5º Premio: Verónica Patricia Domínguez
 Parabéns a todas as gañadoras e gañadores!!!