24.3.11

POEMAS ÁS PEQUENAS COUSAS

E como a poesía non é necesariamente solemnidade, preparamos esta selección de poemas en galego e castelán acerca daquelas pequenas cousas humildes e sinxelas que están ao noso carón e moitas veces nos pasan desapercibidas ou as situacións da rotina do día a día, que nos acompañan ao longo da existencia.


22.3.11

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

A Biblioteca, un ano máis, preparouse convenientemente para a celebración do DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

Por unha parte, montamos unha exposición de poemarios.

Tamén penduramos unha selección de poemas ás pequenas cousas

E estamos organizando un RECITAL DE POESÍA que celebraremos en datas próximas.

febreiro 2011-club de lectura 038 febreiro 2011-club de lectura 029 febreiro 2011-club de lectura 061
febreiro 2011-club de lectura 033 febreiro 2011-club de lectura 055febreiro 2011-club de lectura 059
febreiro 2011-club de lectura 057 febreiro 2011-club de lectura 023 febreiro 2011-club de lectura 046
febreiro 2011-club de lectura 044 febreiro 2011-club de lectura 035febreiro 2011-club de lectura 019

10.3.11

ENTROIDO 2011

Un ano máis no instituto celebramos por todo o alto o Entroido e houbo, coma sempre, variados e divertidos disfraces e, sobre todo, moito moito humor.
Reunidos no Salón de Actos para o tradicional concurso.
Exerceron magnificamente o seu papel de presentadores Martín González e Carmen Doval e contamos nesta ocasións coa colaboración de dúas notables personalidades: como técnico de son o Sr. Pablo Iglesias e como fotógrafo co Sr. Felipe González. Nada menos!

Despois repartíronse os premios do Concurso de Caretas organizado polo Departamento de Plástica e tamén os premios dos concursos de disfraces, este ano dotados con extraordinarios premios de moita moita pasta.