19.11.10

UN ESCRITOR COHERENTE

Agustín Fernández Paz dá a coñecer neste comunicado as razóns da súa renuncia ao Premios da Cultura Galega.


Fernández Paz rexeita o Premio da Cultura Galega por coherencia

O escritor, nun comunicado, declina aceptar o galardón e explica que os seus motivos están no manifesto que Prolingua publicou o 8 de outubro

O escritor Agustín Fernández Paz rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras que lle foi concidido onte polo xurado presidido polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Mediante un comunicado, Fernández Paz agradeceu a decisión do xurado de recoñecer a súa traxectoria, pero non o acepta. “Quero expresar a miña gratitude ás persoas do xurado por pensaren en min. Mais debo lembrar que, cando os Premios da Cultura Galega foron convocados eu manifestei o meu desacordo con eles. Sigo a pensar o mesmo. En coherencia, non podo aceptar este premio”, explicou no comunicado .

No seu escrito, Fernández Paz non especifica os seus motivos, xa que se remite ao manifesto publicado por Prolingua o 8 de outubro que solicitaba a todos os intelectuais do país que, en caso de ser premiados, rexeitaran eses galardóns. O principal motivo que expuña Prolingua no citado manifesto –titulado Rosalía nunca aceptaría ese premio– é o trato que a Xunta de Galicia está a ter coa lingua e a cultura galega. “Nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega. Polo tanto xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a cultura”, sinálase nese manifesto. Fernández Paz, polo tanto, fai seus os motivos de Prolingua, colectivo do que forma parte.

Pode lerse a noticia completa publicada no Xornal

Os nosos parabéns ao escritor pola coherencia e dignidade que amosa unha vez máis.

OS PERIGOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

O xoves 18 de novembro ás 11:30 h, os alumnos de 1º de ESO do noso Centro, acudiron ao Salón de Actos para escoitar unha charla que deu un inspector da Policía Nacional de nosa cidade, sobre os riscos que ten o uso das novas tecnoloxías: uso do móbil, as redes sociais, descargas de distinto tipo e todo o relacionado con Internet e o mundo que abrangue. O alumnado amosou gran interese e participou activamente non so coa súa atención senón tamén con preguntas interesantes sobre o tema.

SAN MARTIÑO 2010 007 SAN MARTIÑO 2010 046
SAN MARTIÑO 2010 055 SAN MARTIÑO 2010 064

DÍA DE SAN MARTIÑO

Un ano máis celebramos o Día de San Martiño con xogos tradicionais e actividades deportivas. E no remate, o xantar no que, por suposto, non faltaron as castañas asadas.


14.11.10

EL QUIJOTE INTERACTIVO

El Quijote interactivo:





Unha xoia coa que nos agasalla a BIBLIOTECA NACIONAL. Contén a versión interactica da primeira e segunda partes da I edición do Quijote, en versión orixinal ou transcrita, ao noso gusto. Inclúe tamén gravados, música, reportaxes, edicións ao longo do tempo... ata un mapa de aventuras de don Quijote. Para disfrutalo!

9.11.10

TODO É SILENCIO

O Booktrailer de promoción da novela «Todo é silencio» de Manuel Rivas, editada orixinalmente en lingua galega por Edicións Xerais de Galicia.
A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez. A música e a interpretación é de Lara Domínguez. (En Brétemas)



8.11.10

PREMIOS LITERARIOS



libros vargas llosa 001

O NOBEL de LITERATURA 2010 foi concedido a MARIO VARGAS LLOSA, escritor peruano con nacionalidade española desde 1993. Este merecido premio, longamente agardado polos lectores deste gran novelista, convértese no undécimo Nobel da literatura en lingua castelá, concedido con anterioridade a outros escritores españois (J. Echegaray en 1904, J.Benavente en 1922, J.R.Jiménez en 1956, V. Aleixandre en 1977 e C.J.Cela en 1989) e hispanoamericanos (a chilena Gabriela Mistral en 1945, o guatemalteco Miguel A. Asturias en 1967, o chileno P. Neruda en 1971, o colombiano G. García Márquez en 1982 e o mexicano Octavio Paz en 1990).



De Vargas Llosa dispoñemos na Biblioteca dalgunhas das súas novelas como La ciudad y los perros, Pantaleón y las visitadoras, La tía Julia y el escribidor,¿Quién mató a Palomino Molero? e tamén a súa última novela, publicada estes días, El sueño del celt , baseada na apaixonante vida do irlandés Roger Casement (1864-1916), personaxe real que según o escritor tuvo una vida muy aventurera y realmente novelesca”. Tres anos dedicou V. Llosa a reconstruír a vida deste personaxe, defensor dos dereitos humanos: "No me acuerdo cuándo descubrí a este personaje, pero sí que fue al leer una biografía de Joseph Conrad. Al principio me despertó la curiosidad, sobre todo porque vi que había estado en la Amazonía, en el Perú amazónico. Empecé a buscar materiales sobre él y cuando me quise dar cuenta ya me había atrapado", dixo o escritor.



O PLANETA 2010, un dos premios literarios xunto co Nobel e o Cervantes mellor dotado economicamente e que xa vai pola 59ª edición, foi concedido ó novelista barcelonés EDUARDO MENDOZA pola novela Riña de gatos. Madrid 1936, presentada baixo o título provisional de La muerte de Acteón e baixo o pseudónimo de Ricardo Medina. Narra a vida dun experto británico en arte que chega a Madrid na primavera previa ó alzamento militar de Franco para autentificar un cadro de Velázquez descoñecido ata entón. "Una novela de las que me gusta leer y de las que me gusta escribir (...) con una trama de ficción en un marco rigurosamente cierto” declarou Mendoza tras coñecer o galardón.


O novo Premio Planeta é un dos novelistas máis coñecidos e de maior éxito comercial do panorama literario español na actualidade. A súa primeira novela La verdad sobre el caso Savolta foi considerada a precursora da narrativa española postfranquista ; esta novela era lectura obrigatoria en 2º de bacharelato ata o curso pasado . Mendoza é ademais un mestre do humor e da parodia, así nolo mostran novelas como El misterio de la cripta embrujada, El laberinto de las aceitunas ou Sin noticias de Gurb…, novelas que tamén teñen sido de lectura obrigatoria no Instituto.


Unindo ambas novas literarias, hai que lembrar que o Nobel 2010 tamén foi gañador do Planeta en 1993 pola novela Lituma en los Andes.

CLUB DE LECTURA

O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro

Retomamos a actividade do Club de Lectura, mantendo as dúas seccións dos cursos anteriores : unha para os pequenos de 1º e 2º da ESO e a outra, a partir de 3º da ESO.

As obras seleccionadas neste primeiro trimestre son:Otra vida para Cristina de Marta Rivera de la Cruz e O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro.

Otra vida cristina O PINTOR DO SOMBREIRO

(Máis información no blog do club de lectura: http://clubdelecturaaslagoas.blogspot.com/

FORMACIÓN DE USUARIOS

Durante o mes de outubro os catro grupos de 1º da ESO baixaron á Biblioteca na hora de titoría. A cada grupo de alumnos, acompañados das súas titoras, fóiselle explicando as normas de funcionamento da Biblioteca, do servizo de préstamo, de cómo se pode buscar un libro nos distintos andeis ou do uso dos ordenadores. Ó final das visitas, agasallouse a cada alumno cun dos marcapáxinas premiados o curso pasado.

 

outubro 2010-biblioteca presentación 009 outubro 2010-biblioteca presentación 019 outubro 2010-biblioteca presentación 039 outubro 2010-biblioteca presentación 075
outubro 2010-biblioteca presentación 047 outubro 2010-biblioteca presentación 049 outubro 2010-biblioteca presentación 065 outubro 2010-biblioteca presentación 057

4.11.10

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS 2010

A BIBLIOTECA, en colaboración co EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, convoca un ano máis o

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
de acordo coas seguintes

BASES:

I. FORMATO
Material: Cartolina
Tamaño: 21 x 5
Pode empregarse calquera técnica pictórica (acuarela, acrílico…)

II. TEMA
O marcapáxinas conterá:
Un debuxo que faga referencia á lectura ou aos libros.
Un texto, escrito en lingua galega, que pode ser unha frase, un slogan ou unha cita literaria animando a ler ou acerca da lectura.

III. PRAZO
O prazo remata o día 16 de decembro de 2010.
Os participantes entregarán na Biblioteca o seu marcapáxinas, que estará asinado cun lema ou pseudónimo. Acompañaran o marcapáxinas dun sobre: no exterior escribirán o mesmo lema ou pseudónimo e no interior introducirán un papel cos seus datos persoais.

IV. PREMIO
O marcapáxinas gañador será premiado con 50 € en metálico. Este marcapáxinas, convertido en marcapáxinas 2010, será reproducido e entregado como avasallo da Biblioteca. Tamén será reproducido no blog da biblioteca.

ANÍMATE E PARTICIPA!