30.1.18

DÍA DA PAZ 2018




 O alumnado de 1º de ESO celebrou o Día da Paz con imaxes, textos e música. Das árbores brotaron xa pombas que son mans cubertas de frases e poemas cos mellores desexos de paz. Guitarras, gaitas, trompas, trombón, frauta e pandeiretas espallaron os seus sons. 


Día da Paz 2018 on PhotoPeach

22.1.18

VISITA DE MANUEL NÚÑEZ SINGALA

Hoxe volveu ao noso centro Manuel Núñez Singala. A primeira vez, hai algúns anos, veu para falarnos dos prexuízos e simplificacións sobre a lingua galega. Nesta ocasión, reuniuse co alumnado de terceiro para falar da súa novela Camiños na auga. Ofreceunos unha interesante exposición sobre o proceso de creación da obra, acompañada dun percorrido visual polos lugares nos que transcorre a acción; tamén abordou a problemática dos albinos en África e a azarosa viaxe dos caiucos ata as costas peninsularesa. A continuación, respondeu as numerosas preguntas que as súas palabras suscitaron, nun coloquio que se prolongou moitos minutos máis do previsto.

Moitas grazas, Manuel, pola túa visita!!!







16.1.18

DENÉBOLA, A ROXA

O alumnado de 1º de ESO ten nesta segunda avaliación  a novela Denébola, a Roxa, de HÉCTOR CAJARAVILLE, como libro de lectura optativa.

Unha historia de aventuras e viaxes ultramarinas no século XVII protagonizada por unha rapaza que non se conforma co papel que a familia e a tradición lle adxudica e busca o seu lugar no mundo. Así o expresa na dedicatoria: A todas as mulleres que renegan de que o seu destino estea escrito nas estrelas”.


Presentación editorial











Guía de lectura