Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións

4.4.18

DÍAA DA NARRACIÓN ORAL 2018

Para conmemorar o DÍA DA NARRACIÓN ORAL (20 marzo) o alumnado de 1º ESO participou o venres 23 nunha actividade na biblioteca xunto con alumnado de 2º de Educación Primaria do Ceip Mestre Vide, acompañado pola súa profesora Rita. Baixo o título “Contamos lendas”, Sara, Jorge, María, Alba, Mencía, Antía, Estela, Lola e Numila contaron a este “pequeno” auditorio as lendas de San Andrés de Teixido, a lagoa da serpe, a fonte de Ana Manana, a serea Maruxaina ou o home lobo entre outras... A recepción por parte dos nenos e nenas foi fantástica e ata algún deles se animou a contarnos algunha lenda tamén. Como agasallo final, os cativos degustaron uns caramelos poéticos feitos polo noso alumnado para a ocasión. Foi unha actividade moi satisfactoria que desexamos repetir nos vindeiros cursos!!

12.3.18

VISITA Á BIBLIOTECA DA UNIVERSIDADE

O alumnado de Comunicación Oral de 1º de Bacharelato realizou unha Biblioteca Rosalía de Castro da Universidade, organizada pola súa profesora Miriam González. Coñeceron a distintas dependencias, os fondos bibliográficos e a maneira de localizalos. Un espazo do que moitos farán uso en anos vindeiros.
Resultou tan interesante que a repetiremos en anos próximos.



 

15.11.17

REPRESENTACIÓN OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

Hoxe o alumnado de 3º e de 4º desprazouse ata o Auditorio para asistir á representación de Os vellos non deben de namorarse. Un numeroso público, integrado por rapaces e rapazas de varios centros da cidade, presenciou a escenificación da obra de Castelao realizada polo Teatro do Morcego. 









 Neste enlace (Fonte: La Región) pode verse o inicio do espectáculo.


2.11.16

MICRORRELATOS DE TERROR

Como actividade especial de Samaín, o alumnado de 1º C-D-E creou os seus contos de medo, baixo a dirección da profesora Miriam González. Breve historias cos elementos clásicos dunha historia de terror escritos no interior dun morcego terrorífico.
Logo da súa lectura e exhibición no noso tendal, só queda a elección do micorrelato gañador, do que informaremos proximamente.











SAMAÍN 2016


Este ano na biblioteca organizamos varias actividades para celebrar o Samaín como se merece: pasando medo!!
Contamos cunha exposición de LECTURAS PARA O SAMAÍN. Unha selección de obras que poñen os cabelos de punta... ou non, que iso depende de cadaquén.







11.10.16

O MEU ALFABETO

O alumnado de 1º de ESO elaborou o seu alfabeto persoal, aquel que mellor o identifica posto que reúne as súas palabras preferidas ou especialmente significativas.
Cartolina, pinturas, rotuladores, cunchas, teas, goma eva, papeis, pasta, arroz, purpurina, lazos, botóns, tapóns... e outros materiais froito da súa imaxinación.
Os corredores locen fermosísimos coas súas coloridas creacións.
Aquí deixamos unha mostra.



Tamén neste ENLACE


 

1.4.16

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

 Esta mañá acudimos ao Auditorio para presenciar a representación de Os vellos non deben de namorarse realizada por Fantoches Baj. Neste ano en que se cumpren os 75 anos da súa publicación, esta compañía achéganos unha coidada versión con monicreques. Realmente, moi interesante!







24.2.16

DÍA DE ROSALÍA 2016

Hoxe celebramos o Día de Rosalía co alumnado de 1º C e fíxémolo da mellor maneira posible: achegándonos á súa obra literaria e recitando unha selección de poemas de Cantares Gallegos e de Follas Novas.