Amosando publicacións coa etiqueta TRADICIÓN ORAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TRADICIÓN ORAL. Amosar todas as publicacións

21.11.11

CARRAPUCHIÑA TECNOLÓXICA

María Jesús Candau envíanos este enlace no que podemos ver unha nova versión do conto da Carrapuchiña, agora con todas as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías. Curioso e interesante!

Slagsmålsklubben - Sponsored by destiny from Tomas Nilsson on Vimeo.

16.11.11

CARRAPUCHIÑA MULTILINGÜE

Vídeo da actividade de lectura multilingüe do conto A Carrapuchiña Vermella.

9.11.11

Vídeo da representación da dramatización do conto "Rotkäppchen" -Carrapuchiña Vermella- en alemán, cos alumnos de 2º de ESO do IES As Lagoas, dirixidos por Carmen Correa, Aminata Dansokho e Elisa







Álvarez

3.11.11

CARRAPUCHIÑA VERMELLA MULTILINGÜE

Unha versión multilingüe da Carrapuchiña Vermella: en inglés, francés, alemán, portugués, catalán, galego, castelán e italiano. Ilustracións realizadas polos alumnos de 1º A, B e C de ESO.




CÓMIC-CONTO

Os alumnos de 1º D, baixo a dirección da profesora de lingua galega Mercedes Seixo, puxeron en imaxes o conto A árbore das tres laranxas. Distintas versións dunha mesma historia. En equipos foron deseñando as viñetas, debuxando os personaxes, escribindo o texto, pintando... ata compoñer dúas páxinas. Unha boa mostra da creatividade destes rapaces e rapazas.

biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 013 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 016
biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 014 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 017
biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 011 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 002

CARRAPUCHIÑA VERMELLA EN IMAXES

 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 004  biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 006
 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 008  biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 012
 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 015 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 010
Os alumnos de 1º de ESO elaboraron as imaxes do conto A Carrapuchiña Vermella coas que ilustramos o noso libro multilingüe. A beleza das ilustracións animounos a expoñelas tamén na biblioteca para que todos as poidan disfrutar. Vendo as imaxes podemos achegarnos a un conto clásico que formou parte da infancia de todos nós.
Unha fermosa actividade realizada na materia de plástica, baixo a dirección da profesora Juliana Ortega.

CONTOS POPULARES DE TRADICIÓN ORAL

 A exposición de contos populares está xa aberta. Contamos cunha selección de libros en galego, castelán e alemán que nos próximos días se irán incrementando con novos títulos e novas linguas.
Animámosvos a que traides os vosos contos para completar a colección e nolos deixedes en préstamo durante uns poucos días.
Os contos dos irmáns Grimm, de Andersen, de Perrault comparten protagonismo coa colección Cabalo Buligán de Edicións Xerais, xunto a outros contos que nos transportan as anos da infancia. 
Son os primeiros textos que nos achegaron á maxia da literatura, aqueles que nos converteron en oíntes atentos ou en lectores apaixonados. Os vellos contos contados aos que agora podemos acceder en libros, en DVDs, en audiolibros, en vídeos.... Non importa o formato, o importante é que sigan emocionando e divertindo ás novas xeracións.

biblioteca novembro 2011 semana tradicion oral 008 biblioteca novembro 2011 semana tradicion oral 006
biblioteca novembro 2011 semana tradicion oral 005 biblioteca novembro 2011 semana tradicion oral 004
biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 009 biblioteca 4 novembro 2011 semana tradicion oral 003

2.11.11

OS IRMÁNS GRIMM

Os alumnos de alemán 1º de Bacharelato, dirixidos pola profesora  Elisa Álvarez, elaboraron esta presentación acerca dos irmáns Grimm.
Die Bruder Grimm


E elaboraron uns carteis con información sobre os autores e unha antoloxía de contos.
biblioteca  semana tradicion oral ALEMAN 003 biblioteca  semana tradicion oral ALEMAN 005
biblioteca  semana tradicion oral ALEMAN 007 biblioteca  semana tradicion oral ALEMAN 001

CÓNTAME UN CONTO


A nosa biblioteca súmase á celebración da SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL e, nesta ocasión, ímonos centrar nos contos populares. Eses que nos anos da infancia nos contaban os avós e que nós transmitiremos igualmente aos nosos fillos e netos. Son as mesmas vellas historias de sempre, aquelas que desde tempos ancestrais contaban os homes para dar respostas ás grandes preguntas da humanidade  e defender valores e actitudes positivos. Historias exemplares protagonizadas por princesas fermosísimas, fadas encantadoras, cazadores bondadosos, bruxas malvadas, madrastras crueis… Relatos que, con lixeiras variantes, aparecen en linguas diferentes e en países afastados xeograficamente.

Os irmáns Grimm, Perrault ou Andersen, entre outros, contribuíron a espallar e fixar estes relatos orais  e achegáronnos personaxes como Polgariño, Cincenta, Brancaneves, Carrapuchiña Vermella ou  A bela durminte  que forman parte da nosa memoria colectiva e continúan transportando a nenos e xoves ao reino da maxia e a fantasía.  

Queremos compartir o amor por estas vellas historias e o pracer de escoitar un conto ben contado. Queremos volver sentir o arrepío ao imaxinar os aguzados dentes do lobo trabando na delicada pel da Carrapuchiña. Queremos notar como os cabelos se nos poñen de punta ante os terribles perigos que afrontan os nosos heroes. Queremos sufrir polas penalidades que padecen por causa malvadas bruxas. E queremos volver emocionarnos con só escoitar "Había unha vez..."

Para todos preparamos varias actividades:
  • Exposición de contos en distintas linguas.
  • Exposición de carteis sobre os irmáns Grimm, elaborados polos alumnos de alemán de 1º de Bacharelato, baixo a dirección de Elisa Álvarez
  • Exposición de cómics sobre contos populares galegos, elaborados polos alumnos de 1º ESO D, baixo a dirección de Mercedes Seixo.
  • Dramatización do conto "Rotkäppchen" -Carrapuchiña Vermella- en alemán, cos alumnos de 1º de ESO, dirixidos por Elisa Álvarez e Carmen Correa.
  • Edición multilingüe do conto A Carrapuchiña Vermella, na versión dos irmáns Grimm, con ilustración dos alumnos de 1º ESO A-B-C, dirixidos por Juliana Ortega.
 Para ir abrindo boca, aquí van algúns enlaces interesantes:

-Galicia encantada. Enciclopedia de Fantasía Popular de Galicia, onde podemos atopara unha selección de  contos de tradición oral.

-Tamén a páxina de César Salgado: http://www.cesarsalgado.net/contos/popular.htm

-El huevo de chocolate: Páxina de folclore infantil onde se recompilan trabalinguas, adiviñas, cantigas... e tamén unha ampla selección de contos populares.

-http://www.fundacionlengua.com/cuentos-populares/: Páxina con Contos populares castelás.

-Cuentos populares: http://www.cuentocuentos.net/cuentos/1/Gallego/
Un blog de Cuentos: http://mas-cuentos.blogspot.com/

A web CUENTOS ofrécenos contos en distintas linguas:
-contos populares franceses: http://www.cuentocuentos.net/cuentos/1/Frances/
-contos en inglés:  http://www.cuentocuentos.net/cuentos/1/Ingles

E tamén audiocontos:
http://www.cuentocuentos.net/audiocuentos/1/

E, por último, algúns vídeos do conto "A Carrapuchiña Vermella" en distintas linguas.
en inglés. LITTLE RED RIDING HOOD
en francés: LE PETIT CHAPERON ROUGE, ou con texto
en alemán: ROTKÄPPCHEN


Disfrutádeos!

22.12.09

O APALPADOR

A profesora de galego Eva Méndez falounos hoxe do Apalpador, un personaxe mítico moi ben coñecido polas terras do Courel, de Lóuzara, do Cebreiro e dos Ancares. Eva contounos as súas lembranzas infantís nas terras do Courel, as historias que lle contaban os seus pais e as que ela se encargou de transmitir ás xeracións máis novas.
O Apalpador -ou Apalpabarrigas- é un vello xigante que anda vestido con roupas vellas e fuma en pipa. Vive nas devesas do Courel, de Lóuzara, do Cebreiro e dos Ancares e que se dedica a facer carbón.

A noite do 31 de Decembro entra nas casas e apalpa as barrigas dos nenos para ver se teñen fame ou están ben mantidos. Se as barrigas estaban cheas, desexáballes que o próximo ano tampouco pasasen fame e dicíalles: "así, así esteas todo o ano" e deixáballes unha presa de castañas como agasallo e lembranza da súa visita.

Os nenos debían deitarse cedo, e así llelo indicaban os seus pais con esta canción, recollida en Romeor de Caurel en decembro de 1994 e interpretada por unha labrega de 79 anos (Amadora Fonte)

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachel,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa vén relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Picando neste enlace podemos ver escoitar a Eva falándonos do personaxe.

O noso Apalpador ten similitudes con outros personaxes do noroeste peninsular. É o caso do Olentzero vasco, que é un carboeiro que o día de Nadal lévalles agasallos aos nenos en todos os fogares de Euskadi. É un home groso, mal vestido e manchado de feluxe, tamén fuma en pipa e gústalle beber e comer, vive nas montañas facendo carbón vexetal no bosque e só baixa ás aldeas no inverno. Tamén nos recorda o o Esteru de Cantabria.

Sabemos deste modo que polo mundo adiante á hora de repartir agasallos entre os máis novos hai algo máis que o Papá Noel ou os Reis Magos. Xunto ao Apalpador, o Olentzero ou o Esteru, tamén anda o Caga Tió catalán, a Befana italiana ou o Kris Kringle alemán.


Para os interesados neste tema, dous libros que están xa na nosa biblioteca:

-Antón e o Apalpador, unha obra de Manuel Castro e Mar Ameixeiras, con ilustracións de Francisco Ameixeiras, editado por Kalandraka

-E O Apalpador, o conto de Xoán G. editado por Biblos.