26.6.17

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS

O alumnado de Comunicación oral de 1º Bacharelato B realizou unha lectura dramatizada de As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas. A  montaxe final é obra da alumna Sofía Iglesias Cadaya.

22.6.17

CAROLINA CACHALDORA GAÑA UN DOS PREMIOS DO RETO LECTOR

Carolina Cachaldora, alumna de 1º A de ESO, é unha das gañadoras do Reto Lector, convocado pola Editorial Galaxia. O xurado acordou premiar a proposta de Antía Rodeiro e, ademais houbo outras cinco persoas gañadoras -unha delas Carolina- que recibirán un lote de libros.

A continuación, podedes ver os dous vídeos de Carolina.


NUNCA MASCOTAS, de PAULA CARBALLEIRA

CHAMÁDEME SIMBAD, de FRANCISCO CASTRO


Felicitamos a Carolina pola súa creatividade e polo entusiasmo que pon en todo o que fai. PARABÉNS!!!


6.6.17

LETRAS GALEGAS

Desde a biblioteca implicámonos activamente na celebración do Día das Letras Galegas 2017. 
En primeiro lugar, preparamos unha exposición dos fondos bibliográficos con que contamos e que permitiu aos lectores e lectoras achegarse á obra narrativa do autor homenaxeado.
No hall situamos un panel con códigos QR para que o alumnado puidese buscar información sobre cada unha das obras.
Ademais, os rapaces e rapazas de 1º de ESO crearon os seus cómics sobre o relato "A rapaza do circo" (Vento ferido). Pode verse unha selección aquí embaixo.