O xoves 3 de maio asistimos
no salón nobre do Liceo ourensán á charla de Ray Loriga, autor da novela Rendición. Foi moi reveladora a visión
que nos achegou da novela, principalmente no que respecta á voz narradora e á
mensaxe que pretende transmitir. Tamén resultaron moi interesantes as preguntas
que o alumnado participante lle foi realizando e que foron recibidas con moita
atención por parte do autor. De recordo queda para a nosa biblioteca o exemplar
asinado.
Amosando publicacións coa etiqueta Tertulias literarias b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tertulias literarias b>. Amosar todas as publicacións
9.5.18
3.5.18
TERTULIAS LITERARIAS - RENDICIÓN
O mércores 25 de
abril os membros do Club de lectura de 4º ESO e 1º BAC participaron na tertulia
literaria sobre a novela Rendición,
de Ray Loriga. Parte do debate centrouse na análise das relacións establecidas
entre os distintos personaxes e na interpretación do desenlace. As conclusións
finais foron moi variadas e destacou a interpretación alegórica relacionada coa
presenza das redes sociais na sociedade actual.
8.2.18
TERTULIAS LITERARIAS - IZAN O DA SACA
O xoves 1 de febreiro o Club de lectura de 1º
Bacharelato participou na tertulia literaria xunto con outros centros da provincia.
Entre todos foron debullando Izan o da
saca, a medio camiño entre a novela
histórica e o xénero negro. A presenza dos nazis en Galicia resultou ser o tema
que máis interese suscitou, xunto coa valoración dos personaxes principais. Ao
remate, o autor Xabier Quiroga presentou un interesante repaso fotográfico polos espazos nos que se desenvolve a acción.
A lectura non puido quedar máis completa!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















