21.12.17

VOLUNTARIADO

Estamos de estrea!! O alumnado participante no programa de VOLUNTARIADO xa dispón da acreditación personalizada, co verde como cor identificativa. Dende o equipo da biblioteca queremos aproveitar, ademais, para agradecer a axuda recibida ao longo deste trimestre. Grazas ao seu traballo foi posíbel dar por rematada a nova ubicación dos fondos.




15.12.17

CLUB DE LECTURA 2º BAC

Reunión do Club de lectura de 2º de BAC, baixo a dirección de María Fernández da Costa, para presentar a  novela Grandes esperanzas, de Charles Dickens.




http://anodickens.blogspot.com.es/

13.12.17

CLUB DE LECTURA 4º ESO - 1º BAC

Hoxe na biblioteca fixemos entrega aos membros do Club de lectura de 4º ESO e 1º Bacharelato do libro da primeira Tertulia literaria que se desenvolverá a finais de xaneiro. Trátase da exitosa novela de Xabier Quiroga titulada Izan o da saca. Á volta das vacacións de Nadal ben seguro que teremos moitas cuestións que comentar…



Para ir abrindo boca, este vídeo que nos leva polos espectaculares escenarios da novela.

Boa lectura!!!

2.12.17

RECITAL POÉTICO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de Artes Escénicas de 4º de ESO, baixo a dirección da súa profesora Hortensia Alonso, organizou un recitado para sumarse ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Os poemas de Alfonsina Storni, Concha Méndez, Antía Otero, Ana Romaní, Carlos Negro, Gioconda Belli, Carmen Conde, Ernestina de Champourcin, Josefina de la Torre, Gloria Fuertes, Rosa Chacel achegáronnos diversas problemáticas: roles de xénero, invisibilidade, modelos estéticos... tamén o empoderamento feminino, o orgullo de ser muller, ...

Remataron coa interpretación en versión rap do poema de Lupe Gómez:


Quero
abandonar
a vida morta
das princesas.