24.12.10

PREMIOS SOBREMESAS E POSTAIS

Un ano máis celebramos na cafetería o CONCURSO DE SOBREMESAS DE NADAL. Hai que salientar a calidade de todos os pratos, xunto coa súa esmerada presentación.

Logo dunha longa deliberación, o xurado decidiu conceder os seguintes premios.

1º Premio: Pablo Babarro (4º C), que presentou un tiramisú .
2º Premio: Julen Guijarro Villavicencio (1º C), cun turrón de Xixona.
3º Premio: Victoria Sesto Muñoz (4º A), autora dunha tarta de 3 chocolates.

IMG_0029 IMG_0037 IMG_0040
IMG_0041IMG_0032 IMG_0039
IMG_0030IMG_0052IMG_0053

Todos eles recibiron, xunto cos premios en metálico, algún que outro agasallo para animalos a continuar practicando esta nobre arte da repostería.

E as sobremesas tiveron moitos voluntarios desexosos de comprobar en propia boca as virtudes dos nosos cociñeiros.

A continuación entregáronse os premios do concurso de POSTAIS DE NADAL EN ALEMÁN.

IMG_0054

NADAL INTERCULTURAL

Como despedida do ano, na Biblioteca recuperamos a celebración do Nadal Intercultural no que os alumnos procedentes doutros países nos contan como se celebran estas festas.

Nesta ocasión dous alumnos explicáronnos as tradicións de Venezuela e China e a lectora de alemán falounos das celebracións no seu país.

IMG_0025 biblio 2
biblio 5biblio 3
IMG_0026biblio 17
biblio 14IMG_0049

Aprendemos costumes curiosos e divertidos e fixósenos a boca auga coas comidas tradicionais. Só faltou a proba, pero todo se andará!

23.12.10

A PANXOLIÑA DO TUENTI

Este ano as actividades de Nadal tiveron como novidade a "Panxoliña do tuenti", elaborada polos alumnos de 1º C de ESO. Despois da súa interpretación colectiva no patio, os rapaces fixeron un percorrido pola cidade: comercios, oficinas, entidades bancarias, Concello... felicitando deste modo as festas a todos os ourensáns.
Regresaron ao centro moi satisfeitos da experiencia e tamén dos "bos froitos" obtidos en forma de substancioso aguinaldo.
Noraboa!



Bo Nadal!

22.12.10

MARCAPÁXINAS 2011

Xa temos gañador do Concurso de Marcapáxinas 2010.

O Xurado acordou conceder os seguintes premios:

-1º PREMIO e, en consecuencia, “Marcapáxinas 2009: “Déixate atrapar”, de IAGO ROMÁN VÁZQUEZ, de 2º Bacharelato C


Asemade, e tendo en conta a ampla participación e a calidade dos marcapáxinas presentados, o Xurado acordou conceder as seguintes mencións:

-JULEN GUIJARRO VILLAVICENCIO: “Cada libro é unha aventura. Súmate a ela (1º ESO C)








-LUCÍA DONIZ: “ Crearás un mundo” (1º ESO B)








-BERNARDO LÓPEZ RODRÍGUEZ: “O seu pai é a lectura” (4º ESO A)
Realizarase tamén unha exposición con todos os marcapáxinas presentados.
Noraboa aos premiados!

17.12.10

SESIÓN DE CONTACONTOS

Esta mañá no Salon de Actos realizouse unha divertida actividade de contacontos dirixida ao alumnado de 1º e 2º de ESO. Foi organizada polo Departamento de Lingua Castelá coa colaboración da editorial Vicens Vives e desenvolveuse en dúas sesións durante as cales os alumnos puxeron a proba o seu enxeño.




10.12.10

ANA MARÍA MATUTE, PREMIO CERVANTES 2010


O Premio Cervantes, considerado o Nobel español, por ser o galardón máis prestixioso das letras hispanas, recaeu este ano na novelista española ANA Mª MATUTE (Barcelona 1925), por toda a súa traxectoria literaria e polo maxisterio demostrado como “escritora realista y con proyección a lo fantástico”.
Tras anos nos que o seu nome viña sonando para este premio, recoñécese por fin a unha autora mestra na arte de contar, allea a modas literarias e amante da natureza, do medieval e da mirada infantil. Entre a súa extensa obra narrativa, coa que conseguiu case todos os premios, lembramos: Pequeño teatro (Premio Planeta en 1954), Los hijos muertos (Premio Nacional de Literatura en 1959), Primera memoria (Premio Nadal en 1959), Sólo un pie descalzo (Nacional de Literatura Infantil y juvenil en 1984) ou as máis recentes Olvidado Rey Gudú e Paraíso inhabitado. En total, doce novelas e varios volumes de contos, reunidos estes últimos baixo o título La puerta de la luna, que se publicou este ano.
Ana Mª Matute convértese así na terceira muller en recibir o Premio Cervantes, trala pensadora española Mª Zambrano ( 1988) e a poetisa cubana Dulce Mª Loynaz (1992). En 1996 foi tamén a terceira muller en entrar na RAE, trala escritora Carmen Conde e a historiadora Carmen Iglesias (hoxe hai tres académicas máis, a científica Margarita Salas, a filóloga Inés Fdez Ordóñez e a tamén escritora Soledad Puértolas). Matute é probablemente a única escritora que recoñeceu abertamente que lle gustaría gañar o Premio Cervantes ; “ Daría saltos de alegría”, afirmaba nunha reciente entrevista no diario El País.
Na Biblioteca dispoñemos dalgúns títulos desta autora.

1.12.10

A PANXOLIÑA DO TUENTI

Xa próximo o Nadal, os alumnos de 1º de ESO, baixo a dirección das profesoras Mercedes Seixo e Mercedes Lozano, crearon esta moderna panxoliña coa que agora nos agasallan para transmitirnos a súa felicitación musical.



No Tuenti acabo de ler
que hoxe en Belén naceu o Neno.
Imos mandarlle un e-mail
para dicirlle canto o queremos.

Retrouso:
Nenos e nenas vinde chatear
que Xesús acábase de conectar,
vinde chatear, vinde chatear,
vinde chatear, vinde chatear.

Din que ten conta en gmail
pero o enderezo eu non o teño
nenogmail.com
falta a @ onde a metermos.

(Retrouso)

No tablón voulle pedir
que suba unha foto do seu nacemento.
Quero ser o seu amigo
xogar co Towner e coa Nintendo.

(Retrouso)

A panxoliña do Tuenti
está acabando, vai rematar
que teñades boas festas
e o aguinaldo xa preparar.