31.5.17

USHA


A novela desta última avaliación de 1º de ESO é Usha, de María Reimóndez.

Sinopse editorial:
"Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá.Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece."

Que vos pareceu esta historia? 

Podedes deixar embaixo os vosos comentarios.

19.5.17

ENQUISA "HORA DE LER"

Xa está dispoñible a enquisa sobre a HORA DE LER entre o alumnado. Picade neste enlace:   https://goo.gl/forms/0faFPOAEVDn9ngUP2 
e respondede as cuestións sobre o funcionamento e a valoración deste período de lectura que puxemos este ano en marcha.
PARTICIPADE!!!

PREMIO ILUSTRACIÓN - "O RETRATO"

Xa temos gañadores do Concurso de Ilustración, nesta ocasión o texto escollido foi "O retrato" de Castelao, pertencente á súa obra Retrincos.
1º premio: Pablo Araújo Sanmiguel (1º A)
2º premio: Paula Fernández Doval (1º E)
3º premio: Cecilia Rodríguez García (1 C)
Accésits: Martín Padrón Rodríguez (1º D) e  Rubén González Rodríguez (1º A)












Na biblioteca están xa os exemplares para a súa lectura. E velaquí o libro dixital.

16.5.17

POEMAS ILUSTRADOS

Outra actividade a partir de Nunca mascotas de Paula Carballeira foi a creación dun libro de poemas ilustrados. Queredes velo? Tamén podedes ver o vídeo que combina imaxes e recitado.

CALIGRAMAS

Non hai dúbida de que o poemario Nunca mascotas de Paula Carballeira deu para moitas e moi interesantes actividades. Ademais do interesante e divertido encontro coa escritora, os rapaces e rapazas de 1º de ESO entusiasmáronse creando os seus propios textos. Por exemplo, estes fermosos caligramas. 😃

12.5.17

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

Hoxe visítounos Paula Carballeira para falarnos da súa obra poética Nunca mascotas. O alumnado de primeiro de ESO disfrutou duns poemas que emocionan e suscitan interesantes reflexións acerca da relación que establecemos cos animais, que non mascotas.
Paula explicoulles diversas anécdotas que motivaron o nacemento destes poemas. A continuación tivo lugar un interesante coloquio no que xurdiron moitas preguntas e suxestións. 
Un éxito total! Pola calidade do libro, pola habilidade comunicadora da autora e polo interese e atención con que os rapaces e rapazas acolleron a súas palabras.


Nas semanas previas,  realizamos caligramas, creamos poemas e preparamos un libro ilustrado co que agasallamos a Paula.



Versión dixital do libro:




Os rapaces e rapazas de 1º C-D-E crearon fermosos caligramas. Podedes velos -unha pequena selección- aquí embaixo.


Visita tamén o noso facebook: https://www.facebook.com/unhalagoa.delibros

10.5.17

NUNCA MASCOTAS

Nesta terceira avaliación o alumnado de 1º de ESO achegouse ao libro Nunca mascotas de Paula Carballeira. Axiña teremos a oportunidade de compartir as nosas lecturas coa autora.

Anotade os vosos comentarios, impresións, interpretacións, todo o que vos aportou esta lectura.

2.5.17

TERTULIA LITERARIA EL DESORDEN QUE DEJAS

O club de lectura de 1º BAC participou o 26 de abril na tertulia literaria do libro El desorden que dejas, xunto con outros centros da cidade. A valoración da experiencia por parte do alumnado foi moi positiva e esperamos que o vindeiro curso poidamos seguir compartindo lecturas deste xeito tan satisfactorio.