22.2.10

ORGULLOS@S DO NOSO, ORGULLOS@S DO GALEGO


A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística acaba de pór en marcha a campaña ORGULLOS@S DO NOSO, ORGULLOS@S DO GALEGO, unha campaña na que participan Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro.

Tal e como podemos ler na súa web http://www.coordinadoraendl.org/orgullo/ "Este é un espazo onde queremos mostrar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua. Sexa cal sexa a cor da nosa pel, onde naceramos, de quen veñamos sendo, ou se nos gusta máis a lúa ou o sol, somos moitos e moitas os que estamos orgullosos de termos unha lingua propia. Aquí encontrarás videos, materiais para imprimir e distribuír como queiras, cando queiras e con quen queiras, e moitas, moitas persoas coma ti que presumen da nosa lingua, do galego."




18.2.10

TESTAMENTO DO MECO

Esta mañá despedímonos do Meco e, entre bágoas, queimámolo na fogueira, pois este é o destino certo que todos os anos lle agarda. Tamén escoitamos a lectura do seu Testamento que foi realizada polo señor Notario.
Esperamos que regrese o ano próximo en que o recibiremos como se merece.

11.2.10

MECO 2010



O noso Meco xa loce pendurado ben alto, como testemuña e pregoeiro do Entroido.

Os alumnos de 4º de Diversificación, dirixidos pola súa profesora Hortensia, foron os encargados de preparalo e deixárono, como pode verse, ben campante.

Aquí van algunhas imaxes que recollen as distintas etapas da súa elaboración.