24.4.18

DÍA DO LIBRO 2018

Un ano máis, o Departamento de Lingua Castelá celebra esta semana o Día do libro con diversas actividades que cada curso traballou previamente. A maioría adorna a entrada e as escaleiras do centro, aportando color e literatura a ese espazo importante para a comunidade educativa. Pola súa parte, as Patrullas Literarias de 1º de bacharelato visitan as aulas de martes a venres agasallando textos aos compañeiros. E os máis pequenos enfrontaranse o próximo venres a unha xincana literaria preparada polas sus profesoras para eles.
Viva a literatura e os lectores!!!!






4.4.18

DÍAA DA NARRACIÓN ORAL 2018

Para conmemorar o DÍA DA NARRACIÓN ORAL (20 marzo) o alumnado de 1º ESO participou o venres 23 nunha actividade na biblioteca xunto con alumnado de 2º de Educación Primaria do Ceip Mestre Vide, acompañado pola súa profesora Rita. Baixo o título “Contamos lendas”, Sara, Jorge, María, Alba, Mencía, Antía, Estela, Lola e Numila contaron a este “pequeno” auditorio as lendas de San Andrés de Teixido, a lagoa da serpe, a fonte de Ana Manana, a serea Maruxaina ou o home lobo entre outras... A recepción por parte dos nenos e nenas foi fantástica e ata algún deles se animou a contarnos algunha lenda tamén. Como agasallo final, os cativos degustaron uns caramelos poéticos feitos polo noso alumnado para a ocasión. Foi unha actividade moi satisfactoria que desexamos repetir nos vindeiros cursos!!