O alumnado de 1º BAC conclúe a preparación do libro El
desorden que dejas, de Carlos Montero. O Premio Primavera 2016 será o
protagonista da Tertulia compartida que se desenvolverá o vindeiro 26 de abril
no Liceo. No desenvolvemento da reunión, destacaron da novela a súa intriga, a
caracterización dos personaxes principais e a linguaxe directa empregada polo
autor.
25.4.17
22.4.17
ENCONTRO CON MARÍA MENÉNDEZ-PONTE
“¿Por
qué mataste a Iván?”
María Menéndez-Ponte
mantivo unha charla-coloquio cos alumnos e alumnas de 4º ESO sobre a súa novela
Maldita
adolescente, unha das actividades coas que iniciamos a celebración do Día do Libro 2017.
A
escritora faloulles do reto que para ela supuxo tratar na ficción un tema tan
delicado como o suicidio entre adolescentes, e da dor que sentiu pola morte de
Iván, un dos seus protagonistas.
Cartas
a Iván
·
“Hola Iván: sé
que esta carta llega demasiado tarde”
·
“Mi
querido amigo, mi querido Iván: desde que te fuiste todo es diferente”
·
“Otro
día más sin ti, Iván. Me gustaría haberte dicho muchas cosas antes de que
tomases esa decisión”
Estas
son algunhas das cartas dirixidas a Iván, escritas polos alumnos e alumnas de
4º ESO.
Con
este feixe de emocións fixeron un libro colectivo, Cartas a Iván, que lle foi entregado a autora por Mencía F.
Hernán, Andrés Rodríguez e Juan A. Molina, en representación de todos os seus
compañeiros de 4º ESO.
María Menéndez, emocionada, agradeceulles este
agasallo tan especial.
María Menéndez nun momento da charla.
Alumnos e alumnas de 4º de ESO que asistiron ao acto.
Juan, Andrés e Mencía no comezo da presentación.
María Menéndez-Ponte asinando exemplares.
Cartas a Iván, o libro feito polos alumnos e alumnas de 4º de ESO.
Unha das páxinas do libro.
Mencía, Andrés e Juan, en
representación de todos os alumnos de 4º ESO, entréganlle o libro de Cartas
a Ivan a María Menéndez.
18.4.17
CLUB DE LECTURA
Nova reunión esta mañá do Club de Lectura de Los diez magníficos.
Baixo as indicacións da profesora Emilia González, continuaron coa
aproximación á historia, aprenderon o código binario, descubriron
números secretos...
Un interesante achegamento lúdico ás matemáticas que continuará en próximas sesións.
Un interesante achegamento lúdico ás matemáticas que continuará en próximas sesións.
10.4.17
VISITA AO PARLAMENTO
O alumnado de Comunicación Oral de 1º Bacharelato visitou o 3 de abril o Parlamento de Galicia. Na planta baixa do edificio atópanse as dúas bibliotecas, unha delas coñecida co nome de Ricardo Carballo Calero, por acoller a súa biblioteca particular, e tamén os fondos bibliográficos da escritora galega Elena Quiroga. Recentemente tamén se adquiriu parte da biblioteca dos irmáns Vilar Ponte, así como unha boa parte do seu arquivo persoal. Neste espazo de sabedoría, o noso alumnado tivo ocasión de realizar un simulacro improvisado dun debate parlamentario que resultou do máis interesante.
8.4.17
VISITA A SAN CIBRÁN DE LAS
O alumnado de 1º de ESO A-B-C, acompañados polas súas titoras, visitaron o Castro de San Cibrán de Las, nunha actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia.
Dous guías realizaron detalladas explicacións de todo o percorrido: as exposicións do Centro de Interpretación, as escavacións e remataron con varios obradoiros moi interesantes.
Resultou unha actividade de gran interese pois combinou a diversión coa aprendizaxe.
Dous guías realizaron detalladas explicacións de todo o percorrido: as exposicións do Centro de Interpretación, as escavacións e remataron con varios obradoiros moi interesantes.
Resultou unha actividade de gran interese pois combinou a diversión coa aprendizaxe.
4.4.17
ENCONTRO CON IRIA MISA
Esta mañá o alumnado de primeiro de bacharelato e de 4º de ESO reuniuse na biblioteca coa escritora Iria Misa, que lles presentou a súa novela Xa non estou aquí. Por uns momentos a súa profesora de inglés trocouse na autora da novela recoñecida co premio Jules Verne 2016.
Iria explicounos cales foron as súas motivacións para escribir esta historia, que trata da desaparición de Ánxela, unha estudante de primeiro de bacharelato. Abordou tamén, nun interesante debate coas rapazas e rapaces, os prexuízos que a cotío rodean estes feitos, o papel dos medios de comunicación, etc.
A boa acollida dispensada deu pé para acordar xa un próximo encontro para comentar devagar a novela unha vez que os lectores se acheguen á historia e coñezan as circunstancias vitais de Ánxela.
Grazas, Iria!!
3.4.17
NOVIDADES
O noso expositor de novidades está encantado coas últimas aportacións de narrativa e teatro. Seguro que entre elas atopades a lectura que vos pode acompañar nas próximas vacacións.
Esperámosvos!!!
Esperámosvos!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)