Os alumnos de 4º de Diversificación, dirixidos pola súa profesora Hortensia, foron os encargados de preparalo e deixárono, como pode verse, ben campante.
11.2.10
MECO 2010
Os alumnos de 4º de Diversificación, dirixidos pola súa profesora Hortensia, foron os encargados de preparalo e deixárono, como pode verse, ben campante.
20.1.10
DECÁLOGO PARA SER LINGÜISTICAMENTE SOSTIBLES
14.1.10
CONCURSO DE RECEITAS EN TEMPO DE NADAL
Agradecemos a todos os participantes a elaboración das sobremesas coas que nos agasallaron. Felicitamos ás premiadas e esperamos que dean bo uso ao gorro con que foron obsequiadas. E animamos a todos a ir pensando nun pastel ou torta para o próximo Nadal, pois o ano que vén repetiremos a experiencia.
Neste libro podedes ver distintas imaxes dos participantes,do xurado e do público que agardaba impaciente a proba, e tamén podedes ver as súas receitas e probar a elaboralas se así o desexades.
22.12.09
O APALPADOR
A profesora de galego Eva Méndez falounos hoxe do Apalpador, un personaxe mítico moi ben coñecido polas terras do Courel, de Lóuzara, do Cebreiro e dos Ancares. Eva contounos as súas lembranzas infantís nas terras do Courel, as historias que lle contaban os seus pais e as que ela se encargou de transmitir ás xeracións máis novas.O Apalpador -ou Apalpabarrigas- é un vello xigante que anda vestido con roupas vellas e fuma en pipa. Vive nas devesas do Courel, de Lóuzara, do Cebreiro e dos Ancares e que se dedica a facer carbón.
A noite do 31 de Decembro entra nas casas e apalpa as barrigas dos nenos para ver se teñen fame ou están ben mantidos. Se as barrigas estaban cheas, desexáballes que o próximo ano tampouco pasasen fame e dicíalles: "así, así esteas todo o ano" e deixáballes unha presa de castañas como agasallo e lembranza da súa visita.
Os nenos debían deitarse cedo, e así llelo indicaban os seus pais con esta canción, recollida en Romeor de Caurel en decembro de 1994 e interpretada por unha labrega de 79 anos (Amadora Fonte)
Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachel,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa vén relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
Picando neste enlace podemos ver escoitar a Eva falándonos do personaxe.
O noso Apalpador ten similitudes con outros personaxes do noroeste peninsular. É o caso do Olentzero vasco, que é un carboeiro que o día de Nadal lévalles agasallos aos nenos en todos os fogares de Euskadi. É un home groso, mal vestido e manchado de feluxe, tamén fuma en pipa e gústalle beber e comer, vive nas montañas facendo carbón vexetal no bosque e só baixa ás aldeas no inverno. Tamén nos recorda o o Esteru de Cantabria.
Sabemos deste modo que polo mundo adiante á hora de repartir agasallos entre os máis novos hai algo máis que o Papá Noel ou os Reis Magos. Xunto ao Apalpador, o Olentzero ou o Esteru, tamén anda o Caga Tió catalán, a Befana italiana ou o Kris Kringle alemán.
Para os interesados neste tema, dous libros que están xa na nosa biblioteca:
-Antón e o Apalpador, unha obra de Manuel Castro e Mar Ameixeiras, con ilustracións de Francisco Ameixeiras, editado por Kalandraka
-E O Apalpador, o conto de Xoán G. editado por Biblos.


18.12.09
POEMA VANGARDISTA
16.12.09
TEMPO DE NADAL
Por exemplo, en O NADAL NO MUNDO dános a coñecer como se celebra esta festividade noutros lugares do mundo, en concreto un total de 24 países: desde Xapón a Exipto, pasando por Chipre, Colombia, Haití, Bélxica...
TRADICIÓNS DE NADAL achéganos o significado de moitas celebracións, ritos ou costumes destas datas.
En CANTOS DE NADAL atopamos uunha selección de Cantares de Nadal, Aninovo ou Reis. Entre estas nadaliñas seguramente
19.11.09
6.11.09
O noso muro de Berlín
O día 9 de novembro conmemoraremos igualmente o derrubamento do mesmo.
No blog de alemán infórmannos con máis detalle deste evento.
CONCURSO DE MARCAPÁXINAS 2010
CONCURSO DE MARCAPÁXINAS,
de acordo coas seguintes
BASES:
I. FORMATO
Material: Cartolina
Tamaño: 21 x 5
Pode empreñarse calquera técnica pictórica (acuarela, acrílico…)
II. TEMA
O marcapáxinas conterá:
Un debuxo que faga referencia á lectura ou aos libros.
Un texto, escrito en lingua galega, que pode ser unha frase, un slogan ou unha cita literaria animando a ler ou acerca da lectura.
III. PRAZO
O prazo remata o día 17 de decembro de 2009.
Os participantes entregarán na Biblioteca o seu marcapáxinas, que estará asinado cun lema ou pseudónimo. Acompañaran o marcapáxinas dun sobre: no exterior escribirán o mesmo lema ou pseudónimo e no interior introducirán un papel cos seus datos persoais.
IV. PREMIO
O marcapáxinas gañador será premiado con 50 € en metálico. Este marcapáxinas, convertido en marcapáxinas 2010, será reproducido e entregado como avasallo da Biblioteca. Tamén será reproducido no blog da biblioteca.
ANÍMATE E PARTICIPA!
28.10.09
SAMAÍN
Despois dunha presentación do significado e orixe desta festa, leron algúns contos de medo e tamén visionaron estes dous vídeos de MAMÁ CABRA que localizamos en you tube e que foron realizados na biblioteca do Ceip Mestres Goldar, aos que moito agradecemos o seu traballo.
17.10.09
Artigo 1
Os libros, todos os libros, teñen dereito a existir.
Artigo 2
Os libros son iguais entre eles, sen distinción da súa orixe, fortuna, nacemento, opinión ou editor.
Artigo 3
Todo libro ten dereito á vida, á súa comercialización, á sorte de ser exposto ao lector e ofrecer ao seu autor a posibilidade de ser escoitado e remunerado con xustiza.
Artigo 4
Todos son iguais ante a lei que os somete a igualdade de prezo en calquera lugar onde sexan expostos.
Artigo 5
Todos teñen dereito a que en todos os lugares se recoñeza a súa personalidade, a personalidade do autor e do editor.
Artigo 6
O libro, obra de imaxinación e de investigación, diríxese á imaxinación e ás necesidades do ser humano. Así que non debe ser tratado na súa comercialización como un produto simplemente de consumo.
Artigo 7
O libro é e será garante das nosas liberdades. Non pode en ningún caso ser sometido a aversión sexa polo plantexamento das súas ideas como pola súa misión fundamental de promover o libre intercambio das culturas, as mentalidades e os saberes.
Artigo 8
O libro, portavoz do espírito, da ciencia, de praceres, rexistro do saber, así como obra de creación, debe ser tratado coma un ben indispensable para a cultura, a promoción social e espiritual, a información, e non pode ser tratado como un vulgar obxecto de proveito.
13.6.09
UN VERÁN DE LIBROS
Estas son as obras seleccionadas para os alumnos de Bacharelato:
Estas son as propostas para os cursos de ESO
Todos estes libros están á vosa disposición na biblioteca.
FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS
10.6.09
LECTURAS PARA O VERÁN
Xa próximas as vacacións, incorporamos aos nosos fondos algúns dos títulos que están tendo maior aceptación entre os lectores novos. Son estes:
Corazón de tinta de Cornelia Funke, primeiro volume da serie Mundo de tinta.
La ladrona de libros, de Markus Zusak, a historia da nena que lle roubou as palabras a Hitler.
E algúns dos libros de Laura Gallego: os tres volumes de Memorias de Idhún e o último libro: Alas negras, publicado no pasado mes de abril, e do que incluímos a presentación na contraportada do libro:
“El ángel femenino Ahriel ha recobrado su libertad y obtenido su venganza, pero aún hay algo que debe hacer. Tras acudir a rendir cuentas a sus semejantes en la Ciudad de la Nubes, se dispone a reanudar la busquedad de mágica prisión de Gorlian para recuperar aquello que dejó atrás al escapar. Está decidida a hacer cualquier cosa para encontralo, incluso interrogar a la única parsona que sabe dónde se oculta. Llegar hasta ella no será fácil, pero Ahriel no estará sola está vez...”
Felices lecturas!
8.6.09
ENCONTRO CON JOAN MANUEL GISBERT
No remate houbo tamén tempo para que os asistentes formulasen algunhas preguntas interesantes.
