4.11.13

COMENIUS 2013

Hoxe chegan ao noso instituto os profesores e alumnos de Loches, Bremen e Francavilla-Fontana, integrantes co noso centro do proxecto Comenius 2013: Technology and Culture in Europe: a Common market of Ideas: past, present and future. Desexámoslle unha intensa e feliz estadía entre nós.

1.4.13

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2013



MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTILLemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
 
(Poema de Pat Mora
Tradución: Concha Blanco)

4.3.13

AS NOSAS ÁRBORES

Selección de fotos cedidas por don Rafael Boullón:

8.2.13

OBRADOIRO DE MONICREQUES

Un ano máis Thelma Putnam, directora da Escola de Teatro de Ourense, achegouse ata o noso centro para desenvolver un obradoiro de monicreques en inglés con todos os alumnos de 1º de ESO.
Todos os grupos traballaron  a partir do texto The tree little wolves, da autoría de Thelma. Ocupáronse  da música, dos decorados, dá cámara, dos monicreques… Practicaron a súa habilidade comunicativa en inglés, aprenderon a traballar en equipo e viviron unha experiencia enriquecedora e o tempo divertida.
Un éxito, coma sempre.
Moitas grazas, Thelma!

10.12.12

GAIOLA ABERTA, 28

Cando se cumpre o 25º aniversario da creación da revista GAIOLA ABERTA, reaparece, logo dunha pausa, con este número 28 que  foi realizado grazas á colaboración xenerosa de profesores, pais, alumnos e persoal non docente. A todos, o recoñecemento e o agradecemento polo súa participación.

Os interesados podedes adquirir exemplares na conserxería.

Para acceder á versión dixital da revista, premede na imaxe.

27.11.12

NOVAS CANTIGAS DE AMIGO

Novas cantigas de amigo é unha revista que contén as composicións creadas polos alumnos de 3º A, baixo a dirección da profesora de literatura galega Celia Díaz. Unha recreación e, ás veces actualización, das cantigas de amigo medieval.
Unha boa proba, asemade, das habilidades poéticas destes inspirados trobadores de hoxe.

CONCURSO MARCAPÁXINAS

2.10.12

Botamos a andar

Comeza un novo curso e a biblioteca reanuda a súa actividade.

Hoxe tivo lugar a presentación das nosas instalacións aos alumnos novos no centro, neste caso os rapaces e rapazas de 1º de ESO.

Hortensia explicoulles a distribución dos fondos, a ubicación dos distintos materiais, o procedemento de préstamo… e todo aquilo que deben coñecer como futuros novos usuarios deste servizo.

Agardamos que este espazo se convirta nun dos seus lugares máis frecuentados e que lles proporcione boas e felices lecturas.

 

presentacion biblioteca 1º eso - outubro 2012 001 presentacion biblioteca 1º eso - outubro 2012 003  
presentacion biblioteca 1º eso - outubro 2012 005 presentacion biblioteca 1º eso - outubro 2012 004  

18.5.12

LETRAS GALEGAS 2012

Un ano máis, a celebración do Día das Letras Galegas, deu pé para realizar distintas actividades en torno á figura do autor homenaxeado.
O profesor Afonso Vázquez-Monxardín impartiu unha conferencia sobre Valentín Paz Andradeeste ano. Realizou un interesante e moi documentado percorrido pola biografía do personaxe que nos achegou a súa importnacia no plano político, empresarial e literario.




A seguir, entregamos os premios do concurso literario. Os gañadores foron:
Mohamed Ghanayen (1º A)
Rosario Mourille Fente (1º A)
Sandra Carrasco Álvarez (4º A)
Aldara Rodríguez Pagán (3º B)
Icía Nogueiras (2º Bach B)
Sofía Calvo Soares ( 2º Bach E)





Parabéns a todos os premiados!

30.4.12

ENCONTRO CON GÓMEZ CERDÁ

  O escritor Alfredo Gómez Cerdá acudiu hoxe ao instituto para un encontro cos lectores da novela Barro de Medellín, unha historia de dous nenos en Santo Domingo Savio, un barrio ao norte da cidade de Medellín, aos cales os libros, o Parque Biblioteca España e unha bibliotecaria, lles abren a súa visión do mundo.
Logo da presentación realizada por dous alumnos, Carmen Pérez e Luís Jimeno, o escritor contou as circunstancias da creación deste libro. Ao remate da súa intervención, tivo lugar un interesante coloquio no que contestou as preguntas que lle formularon os asistentes.
Sen dúbida, unha experiencia interesante que talvez animará a  algúns lectores a achegarse a outros textos do escritor.
 2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 042 2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 0172012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 051
2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 022  2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 035 2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 008

DÍA DO LIBRO 2012

 

A celebración do Día do Libro contou este ano coa participación dun amplo número de alumnos e alumnas que se achegaron ata a Biblioteca para realizar unha lectura colectiva de textos diversos.

 

2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 005 image 2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 020
image3 2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 047 2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 050
2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 043 2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 012 2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 018
2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 028 2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 045 2012 abril- dia do libro e charla Gómez Cerd 054