1.4.16
OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE
Esta mañá acudimos ao Auditorio para presenciar a representación de Os vellos non deben de namorarse realizada por Fantoches Baj. Neste ano en que se cumpren os 75 anos da súa publicación, esta compañía achéganos unha coidada versión con monicreques. Realmente, moi interesante!
24.2.16
DÍA DE ROSALÍA 2016
Hoxe celebramos o Día de Rosalía co alumnado de 1º C e fíxémolo da mellor maneira posible: achegándonos á súa obra literaria e recitando unha selección de poemas de Cantares Gallegos e de Follas Novas.
17.2.16
CONCURSO ILUSTRACIÓN
Por segundo ano, a Biblioteca convoca o Concurso de Ilustración.
Agardamos a vosa participación!
Agardamos a vosa participación!
16.2.16
ÁMOTE LEO A.
O alumnado de 3º de ESO le nesta avaliación esta novela de Rosa Aneiros. Premio Irmandade do Libro ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014.
Deixade os vosos comentarios e impresións de lectura.
11.2.16
CHAMÁDEME SIMBAD
O alumnado de primeiro de ESO leu nesta avaliación a novela de Francisco Castro Chamádeme Simbad, obra que foi recoñecida na Lista de Honra do IBBY 2012 na modalidade de escritores, Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de 1º e 2º da ESO, Premio ao "mellor libro infantil de 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.
Trátase dunha historia tenra e emotiva que contrasta, a través do humor, o mundo dos nenos co dos adultos e achéganos a problemática dunha enfermidade silenciosa que trastoca toda a vida familiar.
"O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro." (presentación editorial)
Que vos parece esta historia? Deixade as vosas reflexións e comentarios de lectura.

5.2.16
PREMIO MARCAPÁXINAS
Xa temos gañadoras do Concurso de Marcapáxinas convocado un ano máis pola biblioteca.
O marcapáxinas gañador foi realizado por CANDELA MAZAIRA LLORENTE (4º C).
O segundo premio recaeu en ELVIRA JING NEGREIRA GÁNDARA(1ª ESO A)

Noraboa as dúas gañadoras!!
17.1.16
OS ESCARAVELLOS VOAN Á TARDIÑA
Os clubs de lectura reanudaron as súas actividades.
Os alumnos de 3º e 4º están lendo o libro da escritora sueca Maria Gripe, publicado en 1978: Os escaravellos voan á tardiña. Unha historia protagonizada por tres rapaces (David Stendfalt, Annika e JOnás) que acoden a coidar as plantas da Quinta Selanderschen durante o verán. Axiña van descubrir que alí sucede algo estraño. Atopan unha planta especial, a Selandria egytica, cuxas follas se dirixen cara ás escaleiras e non cara á luz. Así chegan ao cuarto de verán no que atopan as cartas escritas por Andreas Wiik a Emilie Selander, no século XVIII. Tamén entrarn en contacto con Julia Jason Andelius, dona da casa... Os enigmas sucédense e serán eles os únicos que poidan desentrañalos.

14.1.16
LERMOS.GAL
Facémonos eco do nacemento de Lermos.gal, o punto de encontro da literatura en galego.
Unha revista en liña dedicada á literatura en lingua galega co obxectivo de informar das novidades e eventos literarios e divulgar todo o relativo ao mundo do libro e da lectura.
Parabéns para este proxecto web. Estaremos atento ao que nos ofreza.

22.12.15
15.12.15
1.12.15
NOVIDADES
Recén chegadas, unha morea de novidades, á espera de lectores desexosos de disfrutalas. Novelas, relatos, poesía... De todo hai!
Hector Cajaraville: De remate. Premio Xerais de novela 2015
Andrea Maceiras: Europa Express. Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015
Marcos Calveiro: Fontán, Premio Narrativa Breve Repsol 2015
Manuel Portas: Lourenço, xograr. Premio García Barros 2015
Xabier Quiroga: Zapatillas rotas. Premio Nacional da Crítica 2015
Antón Riveiro Coello: Os elefantes de Sokúrov
Manuel Rivas: A boca da terra.
Antonio García Teijeiro - Antonio Reigosa: Lendo lendas, digo versos.
Alicia Jiménez Bartlett: Hombres desnudos. Premio Planeta 2015
Daniel Sánchez Arévalo: La isla de Alice. Finalista Planeta 2015

27.11.15
A NEVE INTERMINABLE
Novela de misterio de Agustín Fernández Paz protagonizada por un equipo de guionistas -tres mulleres e dous homes- que reciben a encarga de escribir os guións dunha serie de televisión. Para concentrarse, acoden a un hostal solitario nas terras de Fonsagrada. É inverno e a neve axiña os deixa illados. No hostal comezarán a producirse estraños sucesos...
24.11.15
ROTEIRO DA ESMORGA
Os alumnos de 4º participaron no roteiro d'A esmorga. O guía de Turismo, José Ramón Cachaldora, levounos polas rúas cidade, seguindo os pasos do Cibrán, O Bocas e O Milhomes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)