Un ano máis, a Biblioteca convoca o Concurso de Marcapáxinas, de acordo coas seguintes bases:
30.9.16
28.5.16
SABELA LIBRO DIXITAL
Aquí está o libro en versión dixital, co texto de Castelao e as ilustracións das alumnas e alumnos gañadores do Certame.
PREMIOS CONCURSO DE ILUSTRACIÓN
O venres entregamos os premios de Ilustración do relato "Sabela" de Retrincos de Castelao.
Os gañadores foron:
Os gañadores foron:
1º PREMIO:
Ruth Grela
Gómez (1º C- ESO)
2º PREMIO:
Aleika Rúa
Armando (1º B –ESO)
3º PREMIO:
Paula Mateo
Rego (1º D – ESO)
Noa da Silva
(1º B – ESO)
ACCÉSITS:
Noa da Silva
(1º B – ESO)
Roi González
Sánchez (1º C- ESO)
Carlos Suárez
Varela (1º E – ESO)
26.5.16
O MEU MANUEL MARÍA
Alumnos e profesores colaboramos neste proxecto de Esferobite para celebrar o Día das Letras Galegas: a creación dun videopoema colectivo a partir do poema "Galiza"
22.5.16
10.5.16
MANUEL MARÍA - O CARRO
O alumnado de 4º C homenaxea hoxe a Manuel María interpretando o poema "O carro", segundo a versión de Fuxan os ventos que nos serviu de apoio e guía.
Tamén se incorporaron os alumnos e alumnas alemáns que están de intercambio no noso instituto. Talvez sexa esta a súa primeira aproximación á lingua e á literatura galega mais demostraron interese e ganas de compartir a experiencia.
Parabéns a todos!
2.5.16
DÍA DO LIBRO 2016
O Departamento de Lingua Castelá organizou unha ampla exposición de traballos sobre Cervantes e os escritores homenaxeados co Premio Cervantes.
Velaquí unha pequena selección:
Velaquí unha pequena selección:
16.4.16
SEMANA DA CIENCIA 2016
Na Biblioteca unímonos á celebración do Semana da Ciencia cunha exposición de libros de temática científica: Isaac Asimov, Aldoux Huxley, Madame Curie...
O Departamento de Física e Química organizou, un ano máis, unha exposición das creacións realizadas polo alumnado. Foron os alumnos e alumnas os encargados de detallar os fundamentos científicos dos prototipos realizados.
O Departamento de Física e Química organizou, un ano máis, unha exposición das creacións realizadas polo alumnado. Foron os alumnos e alumnas os encargados de detallar os fundamentos científicos dos prototipos realizados.
1.4.16
OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE
Esta mañá acudimos ao Auditorio para presenciar a representación de Os vellos non deben de namorarse realizada por Fantoches Baj. Neste ano en que se cumpren os 75 anos da súa publicación, esta compañía achéganos unha coidada versión con monicreques. Realmente, moi interesante!
24.2.16
DÍA DE ROSALÍA 2016
Hoxe celebramos o Día de Rosalía co alumnado de 1º C e fíxémolo da mellor maneira posible: achegándonos á súa obra literaria e recitando unha selección de poemas de Cantares Gallegos e de Follas Novas.
17.2.16
CONCURSO ILUSTRACIÓN
Por segundo ano, a Biblioteca convoca o Concurso de Ilustración.
Agardamos a vosa participación!
Agardamos a vosa participación!
16.2.16
ÁMOTE LEO A.
O alumnado de 3º de ESO le nesta avaliación esta novela de Rosa Aneiros. Premio Irmandade do Libro ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014.
Deixade os vosos comentarios e impresións de lectura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




























