29.2.12
The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore
27.2.12
24.2.12
DÍA DE ROSALÍA
-Presentación "Rosalía de Castro. Unha fotobiografía"
-Presentación plástico-musical dalgúns poemas ilustrados por alumnos do centro.
-Visionado de varias versións musicais dos seus poemas que a seguir incorporamos:
Para empezar,a xa clásica interpretación da "Negra sombra" na voz de Luz C asal.
O poema "Maio Longo", interpretado por Carlos Núñez e voz de Anabela.
"Airiños, airiños, aires" cantado por Amancio Prada e Pandereiteiras de Baio. Joan Baez interpreta a versión de Amancio Prada de "Adiós ríos, adiós fontes"
E, por último, unha versión en clave de jazz, do poema "Alborada", na que participan Anxo Angueira, o pianista Abe Rábade, Guadi Galego como cantante, Jesús Santandreu no saxo tenor, Nelson Cascaisao ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.
22.2.12
15.2.12
ENTREGA DOS PREMIOS DE MARCAPÁXINAS
A gañadora foi ANDREA CONDE LAMA, de 4º A, que recibiu un premio en metálico e varios exemplares da súa obra, que se converte no marcapáxinas oficial deste curso.
TERESA ESTÉVEZ ÁLVAREZ, de 1º ESO A
NICOLÁS FERNÁNDEZ BLANCO, 1º ESO C
DIEGO MATÉ MARTÍN, de 1 BACH A
ALBA MARTÍN JIMÉNEZ, de 2º BACH C
Reiteramos a nosa noraboa para todos eles.
As súas obras, xa publicadas no blog, forman parte do noso arquivo e permanecerán como testemuña e estímulo para anos vindeiros.
O MES DO CÓMIC
A biblioteca convídavos a que visitedes a nosa exposición e coñezades as obras que forman do noso fondo que, ano a ano, se vai enriquecendo con novas aportacións.
Ao mesmo tempo, a Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística convoca o I Concurso de Cómic, cuxas bases podedes consultar máis abaixo, e anímavos a que participedes coas vosas creacións. Preparamos para todos vós estas dúas presentacións: un breve percorrido pola historia do cómic e unha análise dos elementos do cómic.
14.2.12
12.2.12
25.1.12
11.1.12
PREMIOS MARCAPÁXINAS
O Xurado do Concurso de Marcapáxinas valorou todos os traballos presentados e quere destacar a ampla participación e a calidade tanto dos debuxos como dos lemas de animación á lectura.
Acordou conceder os seguintes premios:
Primeiro premio e impresión do marcapáxinas a ANDREA CONDE LAMA.
Tamén concede as seguintes mencións:
TERESA ESTÉVEZ ÁLVAREZ, de 1º ESO A
NICOLÁS FERNÁNDEZ BLANCO, 1º ESO C
DIEGO MATÉ MARTÍN, de 1 BACH A
ALBA MARTÍN JIMÉNEZ, de 2º BACH C
Felicidades a todos os gañadores e gañadoras.
Todos os marcapáxinas participantes atópanse expostos na biblioteca para que todos poidan comprobar o traballo ilusionado de tantos rapaces e rapazas.
Moitas grazas a todos pola vosa participación!
NADAL INTERCULTURAL
Un ano máis reunímonos na biblioteca para coñecer as distintas celebracións de Nadal en distintos países e áreas. Nesta ocasión, coñecemos os costumes de Venezuela, Chile, Alemaña e Estados Unidos. E tamén soubemos do Ramadán en Xordania.
Como novidade, este ano tamén degustamos produtos tradicionais destas datas, en moitos casos elaborados polos propios alumnos e alumnas.
| | ||
| |














