5.4.08

O MEU NOME É SKYWALKER


Agustín Fernández Paz: O meu nome é Skywalker
Edit. SM, Col. Barco de Vapor, 2003

Resumo argumental:
Desde a fiestra do seu cuarto piso, Raquel descobre entre a marea de xente que entra e sae do novo supermercado a un home de pantalón negro, chaqueta estrafalaria, pelo branco e unha pequena caixa na man dereita. Mais ninguén repara nel. Todos pasan ao seu lado sen miralo, como se fose transparente, excepto os nenos. E cando estes, sorprendidos, o ollan, os pais tiran deles para non deter a súa marcha. Tampouco a mai da rapaza pareceu velo, nin ao entrar nin ao saír de comprar, aínda que el se lle puxo practicamente diante. Desde ese día, Raquel, intrigada, ofrécese a baixar polo pan ou o periódico e obsérvao de preto: ten pelo branco, barba de dous días e na ollada unha tristeza infinita. Até que se atreve a dicirlle que coñece o seu segredo: é invisíbel, por iso os maiores non o ven. El cóntalle co seu acento estranxeiro que é un visitante das estrelas, un explorador doutro planeta, que vén estudar os homes, pois sabe o que pensan cando pasan á súa beira. Chámase, seica, Skywalker, como o da Guerra das Galaxias, que significa "o que percorre o ceo". Ela comprométese a gardarlle o segredo.


Anota a túa opinión acerca deste libro.

2 comentarios:

  1. Anónimo21.4.08

    Skywalker é un deses libros que parece para nenos pero logo nos fai relexionar a todos.
    Skywalker é coma esas cousas na vida que aínda que vistan unha chaqueta chamativa nos parecen insignificantes, excepto a os nenos,nerviosos observadores a osque lles chama a atención máis unha cousa insignificante ca unha importante.Que neno se fixa antes nun papel cheo de importantes escritos que nun hme que parece invisible?

    ResponderEliminar
  2. Anónimo18.3.09

    A min este libro pareceume un pouco infantil.

    Pero aínda así gustoume porque podes recordalos pensamentos que,agora,xa esquecimos de cando eramos nen@s

    ResponderEliminar