Na pestana de ANIMACIÓN podemos ver a serie A lingua animada, un conxunto de sete curtametraxes de animación en plastilina realizadas por Virginia Curiá e Tomás Conde, entre 2000 e 2003, baseadas en textos literarios de escritores galegos de diferentes épocas: Cunqueiro, Castelao, Ánxel Fole, Avilés de Taramancos, Murguía, Eladio Rodríguez e Frei Martín Sarmiento. Son adaptacións libres, con notas de humor e cunha magnífica realización.

Son as seguintes:
Alistán, o demo oveiro (Álvaro Cunqueiro)

A Xaguarana (Avilés de Taramancos)

Good night, mon ami, (Castelao)


Meigallos, sombras e papas de arroz (Eladio Rodríguez)


O ataque dos kriters asasinos, de Sam Orti Martí.
A meiga chuchona , de Pablo Millán, baseado nunha lenda tradicional.
Carne de canón, de Darío Fernández Ignacio.
Podemos tamén consultar a ficha completa de cada unha na web da Axencia Audiovisual Galega.
Un auténtico pracer!
Disfrutádeo!
A curta de "os defuntos falaban castelao" é xenial, das mellores, penso que está moi lograda...
ResponderEliminarE "a meiga chuchona" é outra curta de animación (esta non é de plastilina) que ten estado en festivais como o de cine independiente de Ourense ou o Curtocircuíto en Santiago. É bastante coñecida...aparte é preciosísima...