15.4.09
MANUEL MARÍA NA VOZ DE ROI CASAL
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!
("A fala" - Manuel María)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Tedes un agasallo e unha encoemnda en http://terrasdefriol.blogspot.com/
ResponderEliminarFelicidades
Moitas grazas por este recoñecemento. Cumpriremos axiña todas as condicións para ser maneiros de pleno dereito.
ResponderEliminarUnha aperta.