Co motivo de conmemorar o día das nosas letras, o martes día 18, ás 12,30 celebrouse no salón de actos do noso instituto o Primeiro Certame de Expresión Oral CANTOS CONTOS. Participaron numerosos grupos, sobre todo dos cursos de ESO. Que lles pasa aos de bacharelato????
O xurado felicitou aos participantes polo seu entusiasmo e pola súa competencia no uso oral do idioma así como pola súa expresividade e simpatía. Confesaron que o fallo non foi fácil xa que eran moitas as clases que se fixeron merecedoras do premio que ao final recaeu en 1º C. Deste grupo destacaron a súa boa dición e expresividade.
O público aplaudiu de forma entusiasta todas as intervencións pero de xeito especial o conto de Sechu Sende titulado “Eu fixen güija co espíritu de Castelao” que fixo rir ruidosamente, pola graza e bon facer dos intérpretes, a todos os asistentes.
Non se pode negar que o público atendeu de verdade: se unha imaxe vale máis que mil palabras, as expresións da última foto, díceno todo.
ResponderEliminar