Comezamos a semana facendo un pouco de historia e recordando o bo facer literario de moitos dos nosos ex-alumnos. E fixémolo mediante unha EXPOSICIÓN DAS PUBLICACIÓNS cos TRABALLOS PREMIADOS nos Concursos Literarios que el Departamento de lingua Castelá realizou desde o primeiro curso de existencia do instituto (1977-1978). Concursos que se convocaban ao principio con motivo da festividade de Sto Tomás de Aquino e, xa máis adiante, celebrando o Día do Libro.
E rematamos ao grande no salón de actos, con dúas actuacións do incrible CRISPÍN D'OLOT, xograr do século XXI, quen, como xa ocorrera o ano pasado, nos introduciu dunha maneira moi amena no disfrute da literatura culta e popular. O xoves actuou para 4º de ESO e 2º de BACH, con textos literarios dos séculos XIX e XX; o venres, para 3º ESO e 1º BAC, con textos desde a Idade Media ao século XVIII. Organizáronse dúas sesións para que Crispín puidese recoller en cada unha contidos correspondentes a estes cursos, do programa de literatura castelá.
Pechamos a sesión do venres coa ENTREGA DE PREMIOS. O Departamento de Lingua castelá entregou os do CONCURSO LITERARIO e a Biblioteca, os correspondentes ao CONCURSO DE MARCAPÁXINAS 2011, fallado xa no primeiro trimestre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario