Hoxe visitounos Anxo Moure, o atrapador de contos, chegado das veciñas terras de Chantada.
Na súa intervención combinou contos, poesía, música, implicando activamente aos alumnos e falounos da necesidade de defender a liberdade e a tolerancia, o respecto pola natureza. Sensibilizar os alumnos de que é posible un mundo mellor.
Tamén nos falou do proxecto Contos Solidarios nacido no 2000 da man da ONG chantadina Bicis pola Paz que doa bicicletas a mestres, médicos… de países de América Latina, Asia e África co defomentar o eco-transporte nos proxectos de desenvolvemento desenvolvidos nestes lugares. ((http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm)
Moitas grazas, Anxo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario