A biblioteca conmemora, un ano máis o 8 de marzo, unha data para a reivindicación da situación da muller na nosa sociedade. A nosa contribución nesta xornada consiste nuns carteis que penduramos no noso tendal e nos que recuperamos a varias figuras femininas cuxa simple existencia e importancia non é por todos coñecida ou suficientemente recoñecida.
-As mulleres relevantes da antigüidade, desde a matemática Hipatia e a poeta Safo ata a nosa Exeria, a monxa viaxeira.
-As mulleres nobel, que viron recoñecido con este premio a súa contribución aos diversos ámbitos da ciencia e da cultura.
-Pero tamén aqueloutras ás que non lle concederon o galardón porque, curiosamente, recaeu nun compañeiro masculino.
-As mulleres políticas, que defenderon as súas ideas e ergueron bandeiras reivindicativas: Clara Campoamor, Dolores Ibarruri "a Pasionaria", Victoria Kent e Federica Montseny
-As mulleres que publicaron baixo un seudónimo masculino que escondía a súa feminidade:
-Aquelas silenciadas, cuxas obras e méritos foron atribuídos ós seus maridos:
-As mulleres galegas "10" que ocupan un lugar preeminente na nosa historia: María Pita -a heroína-, Maruxa Mallo -a pintora excepcional-, Rosalía -a nosa escritora máis universal-, Concepción Arenal -a primeira defensora dos dereitos da muller- .
Mentres as mulleres sigan sufrindo algún tipo de discriminación, o 8 de marzo será o momento de erguer a voz para defender os dereitos e a dignidade da metade da humanidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario