Un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato abriron onte o ROTEIRO CARLOS CASARES, creado polo profesor Afonso V. Monxardín.
Segue a noticia de La Región:
redacción. ourense - 18-12-2013
Un
grupo de alumnos do IES As Lagoas, acompañados do seu profesor Afonso
V.Monxardín, fixeron onte, dende as dez e media da mañá, unha primeira
experiencia para un roteiro pola cidade en memoria de Carlos Casares.
Iniciado no Parque de San Lázaro, lembraron que nacera como escritor do
seu contacto co seu profesor de literatura Agustín Madarnás e de Vicente
Risco, nos mediados dos 50, e que foi agasallado en todas as cidades de
Galicia, despois da súa morte en 2002, con rúas e estatuas, pero aínda
non en Ourense. A continuación percorreron dezaoito puntos da cidade, e
nas paradas fixeron lectura de fragmentos escollidos dos seus libros,
nun percorrido triple, pola vida e obra de Casares e pola relación do
escritor coa cidade e as súas xentes.
PERCORRIDOComezaron na esquina da avenida da Habana e Cardeal Quevedo, no lugar onde estivera a casa de nacemento, e despois de pasar por Curros Enríquez, a igrexa dos franciscanos, o parque de San Lázaro, a rúa do Paseo, a Alameda, o Liceo, Arcedianos, rúa da Paz, praza do Ferro, Lepanto, praza do Trigo, concluíron na Praza Maior.
Textos de obras de Casares como 'Vento Ferido', 'Cambio en Tres', 'Ilustrísima', 'Un país de palabras', 'Deus sentado nun sillón azul', 'O sol do verán', combinados con distintos fragmentos de ensaios históricos, biografías e textos xornalísticos, e as explicacións do profesor, puxeron luz a un percorrido que pretenden repetir e facer nunha posta de largo, o día 9 de marzo próximo, cando se cumpra xa unha ducia de anos sen Carlos Casares.
http://www.laregion.es/noticia/272465/alumnos/lagoas/abren/roteiro/casares/

Ningún comentario:
Publicar un comentario