Cinco ovejas negras é un blog que naceu en setembro de 2014 co obxectivo de difundir a lectura infantil e xuvenil e achegar os libros e a actualidade literaria aos lectores.
As súas autoras, cunha longa experiencia no ámbito da biblioteconomía, na docencia e en centros especializados, preparan reseñas e presentación de libros clásicos e actuais.
Noticias de actualidade, entrevistas cos autores, selección de libros clasificados por idade e por temas, relación de autores e ilustradores... unha interesante web que nos achega unha valiosa información acerca do panorama actual da mellor literatura infantil e xuvenil.
Estaremos atentos aos seus consellos e orientacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario