15.1.17

TODOS SOMOS

O alumnado de 1º de ESO anda estes días lendo a novela Todos somos, de Marcos Calveiro (Edicións Xerais), unha historia sobre a desaparición dunha nena de instituto e as repercusións que ese feito produce nos compañeiros e compañeiras, nas familias, nos medios de comunicación, nos cidadáns...

Sinopse editorial:
Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao día seguinte de desaparecer, xa o sabía todo o mundo. Mais foi o domingo cando todos foron conscientes da brutal realidade e de que a cousa ía en serio.

A historia, que inevitablemente nos trae a mente casos similares de actualidade, daranos moito para falar nos próximos días.
A continuación, a reseña de Mario Regueira en Sermos Galiza


 

E ti, que opinas? Deixa embaixo os teus comentarios.

9 comentarios:

  1. Pareceume un libro moi interesante, aunque ás veces era un poco aburrido pero o recomendo se non es moi aficionado a ler, este libro esta moi ben.

    ResponderEliminar
  2. Lucas González Fiz 1ESOD3.3.17

    O libro non me gustou,pareceume lento e aburrido,hai partes que estan ben como a manifestacion de Todos somos con Natalia ou cando lle da os periodicos aos nenos.O unico que aprendin con iste libro e o que a xente pode reaccionar ao ver un programa de televisión e tamen o que fan polo diñeiro.
    Este libro non se o recomendariallo a xente que lle van os libros lentos ou dramaticos.

    ResponderEliminar
  3. Alba Gómez Cid nº5 1d3.3.17

    A min sinceramente non me gustou porque é moi aburrido encima o final estresoume eu quería saber se atopaban a Natalia pero está moi ben escrito.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo7.3.17

    E min non me gustou moito polo simple feito de q a Natalia a deixan o lado e non aparece.Tamen é moi aburrido ao terceiro capitulo aburrinme.

    ResponderEliminar
  5. Pablo Barrós Fernández, n.3 - 1° C7.3.17

    Deste libro o que non me gustou é que remata como comeza, con Natalia sen aparecer. Está ben redatado e recoméndollo a xente que lle gusta a intriga.

    ResponderEliminar
  6. PAULA FERNÁNDEZ DOVAL 1º E ESO13.3.17

    - TODOS SOMOS é un libro de Marcos Calveiro , editado por Xeráis, no que conta como cambia a vida dun barrio dende a desaparición de Natalia.
    - Gustoume por unha parte , porque conta unha historia que pode chegar a ser cercana. Por outra banda vexo que é un libro que non me transmite sensacións positivas. Está moi baseado no medo e emocións negativas, coma a desconfianza, o egoísmo e a impotencia de non poder facer nada. O interesante deste libro é que te leva a pensar como un feito pode influenciar tanto na vida, de todo un barrio, se nos deixamos levar por o medo. O importante é saber xestinonar ese sentimento dende a calma, para que non nos envolva e sexamos nós tamén víctimas , ademáis de Natalia. Sorprendeume moito o desenlace final, porque non aparece Natalia e como o tempo vai curando as feridas.

    ResponderEliminar
  7. Nerea Pérez Méndez 1ºD14.3.17

    O libro gustoume moito porque gústame a intriga. O único que non me gustou foi que me decepcionou un pouco que non atoparan a Natalia porque eu pensaba que a ían a atopar. Recoméndollo a xente que lle guste a intriga

    ResponderEliminar
  8. Chloe paula martínez 1ESO D14.3.17

    Gustoume bastante o libro,pero por o final sorprendeume o final por que pensei que encontrarían a Natalia.Pero en parte o recomendo,e moi entretenido

    ResponderEliminar
  9. Anónimo14.3.17

    Marcos Reza Salgado 1ºB.
    Gustoume moito o libro, pero como todos os libros,na miña opinión, teñen as súas ventaxas e os seus incombintes porque non existe a perfección. Para min os inconvintes do libro son que hai partes ou perxonaxes que pola miña opinión sobran e tampouco gustoume a forma na que MARCOS CALVEIRO deixa no aire o que lle sucedeu a Natalia. Pero tamén ten moitas cousas boas:é unha historia que podería ser real polo que nos está dicindo o que pasaría no caso de que sucedese unha desgraza similar, o esforzó pola policía por conseguir atopar a Natalia aunque ao final resultara envano .

    ResponderEliminar