21.3.17

DÍA DA POESÍA

Hoxe na biblioteca sumámonos á conmemoración do DIA DA POESÍA.
Preparamos unha selección de obras poéticas de distintos autores, épocas e linguas.
No hall instalamos uns paneis con poemas de diversos autores e tamén de creación propia. Como banda sonora, tres audiopoemas de Celia Parra moi acaídos á xornada: "Invítame un poema" e "Máquinas expendedoras de versos" e "Liña poética", os tres pertencentes ao disco REC(C)verso
 O alumnado visitou a exposición e puido ler o poema da súa elección.




 


O alumnado de 1º, coa súa profesora Miriam González, deu lectura a varios textos.













 O alumnado de alemán de 2º D -baixo a iniciativa da profesora Elisa Álvarez- atreveuse a crear os seus poemas poemas na lingua de Goethe e despois léronnos.

2 comentarios:

  1. Anónimo22.3.17

    moi bo video tutorial de como facer boa poesia con compañeiros da clase de 2D coa gran axuda de florentino guzman

    ResponderEliminar