31.5.17
USHA
A novela desta última avaliación de 1º de ESO é Usha, de María Reimóndez.
Sinopse editorial:
"Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá.Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece."
Que vos pareceu esta historia?
Podedes deixar embaixo os vosos comentarios.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
É un libro que gustoume moito. Gustaríame ler a secuela deste. (Rafael Domínguez)
ResponderEliminarGustoume moito a novela de usha.Por o que pasa dentro dela,creo que e a única novela obrigatoria que quería acabala,por saber o final.
ResponderEliminar(Julio iglesias doval 1ºB)
Esta novela pareceume moi entretida por que conta a historia de unha rapaza entre dous países.
ResponderEliminaro personaxe que mais me gustou foi o de Lakshmi por que comprende a súa amiga e a intenta axudar.
(Antía Gil Nogueira 1*B)
É moi entretido. Grazas a el podes aprender sobre outra cultura e a aprender valores importantes.
ResponderEliminarO libro pareceume moi bonito, á vez que interesante. O relato conta os feitos narrados por unha nena de dez anos que expresa os seus pensamentos, ilusións, pesadelos... O final non me gustou moito, xa que a min encántame saber os finais, e neste caso quedou o momento máis interesante da novela sen descubrir.
ResponderEliminar[Sara Iglesias Hernández, 1º ESO B]
encantame e leer mentras pensas sobre a situacion da muller e o amor cara unha terra que e nosa xa que ao falar do prestige todos puxemonos nese papel cara as costa galega
ResponderEliminarUsha e un novela literaria en galego que me gustou bastante. Grazas a ela podes aprender moitos valores para a vida cotidiá. Gustoume moito a parte onde Usha insulta a encargada do templo , pero en galego para que non a entenda!
ResponderEliminarO que non me gustou moito e que me deixou coa intriga do que vai suceder! A ver se pronto saco o segundo libro de Usha e sacome esta intriga! Quen sera o pai de Usha?
Héctor Carballude González 1ºB.
ResponderEliminarO libro gustoume, pareceume que trataba temas interesantes,pero como defecto pareceume que as descricións dos lugares e personaxes era pobre, polo que nalgúns momentos a narración non tiña a suficiente intensidade para que o lector comprendese a magnitude do machismo, da corrupción... que aínda existe na India, e das que trata gran parte do libro.
Aínda así gustoume, pola historia que conta e pola forma de abordar temas como a solidariedade e a importancia de convivir con xente diferente a nós
Alejandro Nogueiras
ResponderEliminarO libro pareceume moi interesante.Sorprendeume que Usha e a nai estiveran cun sorriso na cara a pesar das dificultades.O libro ensina moitos valores,como seguir adiante, afrontar das dificultades...
En moitas ocasións gustoume que resolvesen problemas como cando Savitri tiña depresións porque os pais non querían pagar os estudos pero si a voda.Pero a nai de Usha conseguiu que estudara e estivera coa persoa que realmente lle gusta Rama.Pareceume interesante que en moitas ocasiońs recordara cousas do pasado e que ao longo do libro tivera a dubida de quen e o pai.E que facera ao final referencia ao desastre do Prestige que foi algo moi grave que pasou en Galicia.
USHA gustoume pola amizade que se teñen entre ela e Laskmi. Aprendín a valorar moitas cousas ás que antes non lle facía caso, pareceume interesante o modo de actuar que ten Usha ante os malos momentos e sorprendeume cando Usha insultou a encargada do temlo en galego para que solo lle entendera a súa nai. Estou desexando ler o segudo tomo de Usha.
ResponderEliminarSon Sara Rodriguez Doval de 1°C e este primeiro trimestre lin Unha, unha novela que me gustou moito sobre todo polos temas e valores que trata. Aprendín que, ás veces, as cousas que non valoramos pola ata importancia ou polo seu tamaño son as máis importantes e as que moita xente, non posúe. Pareceume interesante a maneira que ten de ver todo Unha, a protagonista e a amizade tan estreita que manten con Lakshmi ata a distancia. Sorpendeume moito que fora a nena a que quixera marchar a Galicia despois de coñecer o que sucedera nas suas terras. Estou desexando ter a segunda parte para que poida resolver todas as cuestións coas que me quedei ao rematar esta primeira: que é o pai de Unha?, que pasar cando volte á India?...
ResponderEliminarUSHA pareceme un libro moi interesante, xa que fala da falta dun pai, así como da forma de vida doutro pais, que non se parece en nada a nosa.
ResponderEliminarO que si que é igual que aquí, e a amizade das protagonistas. Xunto cun pequeno toque romántico.
a min gustoume a novela xa q te ensina a valorar cousas e o respeto hacia as mulleres . O único q non me gustou foi q o final estivera aberto
ResponderEliminarestou desando q salga o seguite libro de Usha
Ola son Sara Rodríguez Doval de 1ºC da ESO e este trimestre lin unha novela que me gustou moito polos temas que trata, Usha. Gustoume verdaderamente os valores e temas cos que conta a novela e sobre todo, a maneira que ten de ver todo Uxía. Sorprendeume que unha nena tan pequena poda ter tanto control como ten ela en numerosas linguas e tamén, a parte na que chama Antón comunicando a mala noticia e é Usha a que quere marchar unha tempada. Emocionoume a estreita amizade que existe entre ela e Lakshmi aínda que sexa a distancia. Con esta novela, aprendín que hai moitas cousas que non valoramos cando ademais, hai moita xente que apenas as posúe. O que menos me gustou foi que tivera un final aberto e que falla falta mercar a segunda parte para saber o que sucede despois desta primeira. Estou desexando facelo e resolver todas as dudas coas que me quedei: Que pasa co pai de Uxía?, que sucede na súa volta á India?... Recoméndoo
ResponderEliminarNUNO GONZÁLEZ ESCUDERO 1ºESO
ResponderEliminarGustoume este libro polas cousas, sitios e valores que ensina como a desigualdade que sofren as mulleres nalgúns lugares. O meu personaxe favorito e Usha e paréceme horrible que non se sepa quén é o seu pai. O mellor de todo e cando Usha insulta á anciá que estaba na igrexia. Recomendo este libro a todos os nenos que queren aprender causas e axudar aos demáis.
Ola! Usha gustoume moito porque nalgunhas partes é moi gracioso, hai moitas cousas da realidade...Gustame a forma de integrarse nu país cunha cultura e idioma totalmente diferente ao seu.
ResponderEliminarEu recomendaría este libro porque engánchate moito e aprendes moitas cousas novas.
Carme Cruz Rodríguez 1ºC
Chamome Izan Vazquez Gonzalez da clase de 1ºC
ResponderEliminarQuero decir que o libro de USHA gustoume por moitos motivos, un deles, pola amizade de USHA con Lakshmi. Una amizade moi boa. Tamen me gustou que todo o pobo galego quixo axudar nas tarefas de limpeza da costa, e a nai de USHA (e ela mesma), viñeron de moi lonxe a axudar.
Sorprendeume o final. Cando a nai lle empeza a contar quen é seu pai. Unha lástima que non supen quen era.