
Unha historia de aventuras e viaxes ultramarinas no século XVII protagonizada por unha rapaza que non se conforma co papel que a familia e a tradición lle adxudica e busca o seu lugar no mundo. Así o expresa na dedicatoria: “A todas as mulleres que renegan de que o seu destino estea escrito nas estrelas”.

Guía de lectura
Héctor Carballude González 1ºB.
ResponderEliminarA novela gustoume. Gustáronme sobre todo os primeiros capítulos e a forma na que describía o transporte de mercadorías. En cambio, non me gustou moito a parte dos piratas, e ás veces sentín que o autor buscaba dicir moitas cousas e que non se centraba nas que eran verdadeiramente importantes, deixando fora detalles que eran moi importantes e introducindo outros que non o eran tanto.
Para a miña forma de ver toda a novela xira en torno a aquela frase que lle decía sor Patrocinio a Denébola, aquela que decía algo así como: "ao principio todas queremos fuxir, pero amásannos como a formas consagradas e conseguen que xa non entendamos a vida fora destes muros". E isto a min gustoume moito.
A novela DENÉVOLA A ROXA gustoume moito, porque asimilaba a vida das mulleres no século XVI e porque Denévola intenta que cambie esa forma de vida. Eu recoméndoo a todos aos que lles guste a aventura.
ResponderEliminarCARME CRUZ RODRÍGUEZ 1ºC