4.4.18
DÍAA DA NARRACIÓN ORAL 2018
Para conmemorar o DÍA DA NARRACIÓN ORAL (20 marzo) o alumnado de 1º ESO participou o venres 23 nunha actividade na biblioteca xunto con alumnado de 2º de Educación Primaria do Ceip Mestre Vide, acompañado pola súa profesora Rita.
Baixo o título “Contamos lendas”, Sara, Jorge, María, Alba, Mencía, Antía, Estela, Lola e Numila contaron a este “pequeno” auditorio as lendas de San Andrés de Teixido, a lagoa da serpe, a fonte de Ana Manana, a serea Maruxaina ou o home lobo entre outras...
A recepción por parte dos nenos e nenas foi fantástica e ata algún deles se animou a contarnos algunha lenda tamén.
Como agasallo final, os cativos degustaron uns caramelos poéticos feitos polo noso alumnado para a ocasión. Foi unha actividade moi satisfactoria que desexamos repetir nos vindeiros cursos!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario