Na biblioteca contamos con exemplares doutras obras da autora, dispostos para a súa lectura. Animádevos!


Un ano máis celebramos na cafetería o CONCURSO DE SOBREMESAS DE NADAL. Hai que salientar a calidade de todos os pratos, xunto coa súa esmerada presentación.
Logo dunha longa deliberación, o xurado decidiu conceder os seguintes premios.
1º Premio: Pablo Babarro (4º C), que presentou un tiramisú .
2º Premio: Julen Guijarro Villavicencio (1º C), cun turrón de Xixona.
3º Premio: Victoria Sesto Muñoz (4º A), autora dunha tarta de 3 chocolates.
| | | |
| | ||
Todos eles recibiron, xunto cos premios en metálico, algún que outro agasallo para animalos a continuar practicando esta nobre arte da repostería.
E as sobremesas tiveron moitos voluntarios desexosos de comprobar en propia boca as virtudes dos nosos cociñeiros.
A continuación entregáronse os premios do concurso de POSTAIS DE NADAL EN ALEMÁN.
Como despedida do ano, na Biblioteca recuperamos a celebración do Nadal Intercultural no que os alumnos procedentes doutros países nos contan como se celebran estas festas.
Nesta ocasión dous alumnos explicáronnos as tradicións de Venezuela e China e a lectora de alemán falounos das celebracións no seu país.
| | ||
| | ||
Aprendemos costumes curiosos e divertidos e fixósenos a boca auga coas comidas tradicionais. Só faltou a proba, pero todo se andará!






Fernández Paz rexeita o Premio da Cultura Galega por coherenciaO escritor, nun comunicado, declina aceptar o galardón e explica que os seus motivos están no manifesto que Prolingua publicou o 8 de outubro O escritor Agustín Fernández Paz rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras que lle foi concidido onte polo xurado presidido polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Mediante un comunicado, Fernández Paz agradeceu a decisión do xurado de recoñecer a súa traxectoria, pero non o acepta. “Quero expresar a miña gratitude ás persoas do xurado por pensaren en min. Mais debo lembrar que, cando os Premios da Cultura Galega foron convocados eu manifestei o meu desacordo con eles. Sigo a pensar o mesmo. En coherencia, non podo aceptar este premio”, explicou no comunicado . No seu escrito, Fernández Paz non especifica os seus motivos, xa que se remite ao manifesto publicado por Prolingua o 8 de outubro que solicitaba a todos os intelectuais do país que, en caso de ser premiados, rexeitaran eses galardóns. O principal motivo que expuña Prolingua no citado manifesto –titulado Rosalía nunca aceptaría ese premio– é o trato que a Xunta de Galicia está a ter coa lingua e a cultura galega. “Nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega. Polo tanto xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a cultura”, sinálase nese manifesto. Fernández Paz, polo tanto, fai seus os motivos de Prolingua, colectivo do que forma parte. |
Pode lerse a noticia completa publicada no Xornal
Os nosos parabéns ao escritor pola coherencia e dignidade que amosa unha vez máis.
O xoves 18 de novembro ás 11:30 h, os alumnos de 1º de ESO do noso Centro, acudiron ao Salón de Actos para escoitar unha charla que deu un inspector da Policía Nacional de nosa cidade, sobre os riscos que ten o uso das novas tecnoloxías: uso do móbil, as redes sociais, descargas de distinto tipo e todo o relacionado con Internet e o mundo que abrangue. O alumnado amosou gran interese e participou activamente non so coa súa atención senón tamén con preguntas interesantes sobre o tema.

Unha xoia coa que nos agasalla a BIBLIOTECA NACIONAL. Contén a versión interactica da primeira e segunda partes da I edición do Quijote, en versión orixinal ou transcrita, ao noso gusto. Inclúe tamén gravados, música, reportaxes, edicións ao longo do tempo... ata un mapa de aventuras de don Quijote. Para disfrutalo!
O NOBEL de LITERATURA 2010 foi concedido a MARIO VARGAS LLOSA, escritor peruano con nacionalidade española desde 1993. Este merecido premio, longamente agardado polos lectores deste gran novelista, convértese no undécimo Nobel da literatura en lingua castelá, concedido con anterioridade a outros escritores españois (J. Echegaray en 1904, J.Benavente en 1922, J.R.Jiménez en 1956, V. Aleixandre en 1977 e C.J.Cela en 1989) e hispanoamericanos (a chilena Gabriela Mistral en 1945, o guatemalteco Miguel A. Asturias en 1967, o chileno P. Neruda en 1971, o colombiano G. García Márquez en 1982 e o mexicano Octavio Paz en 1990).

De Vargas Llosa dispoñemos na Biblioteca dalgunhas das súas novelas como La ciudad y los perros, Pantaleón y las visitadoras, La tía Julia y el escribidor,¿Quién mató a Palomino Molero? e tamén a súa última novela, publicada estes días, El sueño del celt , baseada na apaixonante vida do irlandés Roger Casement (1864-1916), personaxe real que según o escritor tuvo una vida muy aventurera y realmente novelesca”. Tres anos dedicou V. Llosa a reconstruír a vida deste personaxe, defensor dos dereitos humanos: "No me acuerdo cuándo descubrí a este personaje, pero sí que fue al leer una biografía de Joseph Conrad. Al principio me despertó la curiosidad, sobre todo porque vi que había estado en la Amazonía, en el Perú amazónico. Empecé a buscar materiales sobre él y cuando me quise dar cuenta ya me había atrapado", dixo o escritor.

O PLANETA 2010, un dos premios literarios xunto co Nobel e o Cervantes mellor dotado economicamente e que xa vai pola 59ª edición, foi concedido ó novelista barcelonés EDUARDO MENDOZA pola novela Riña de gatos. Madrid 1936, presentada baixo o título provisional de La muerte de Acteón e baixo o pseudónimo de Ricardo Medina. Narra a vida dun experto británico en arte que chega a Madrid na primavera previa ó alzamento militar de Franco para autentificar un cadro de Velázquez descoñecido ata entón. "Una novela de las que me gusta leer y de las que me gusta escribir (...) con una trama de ficción en un marco rigurosamente cierto” declarou Mendoza tras coñecer o galardón.
O novo Premio Planeta é un dos novelistas máis coñecidos e de maior éxito comercial do panorama literario español na actualidade. A súa primeira novela La verdad sobre el caso Savolta foi considerada a precursora da narrativa española postfranquista ; esta novela era lectura obrigatoria en 2º de bacharelato ata o curso pasado . Mendoza é ademais un mestre do humor e da parodia, así nolo mostran novelas como El misterio de la cripta embrujada, El laberinto de las aceitunas ou Sin noticias de Gurb…, novelas que tamén teñen sido de lectura obrigatoria no Instituto.
Unindo ambas novas literarias, hai que lembrar que o Nobel 2010 tamén foi gañador do Planeta en 1993 pola novela Lituma en los Andes.
O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro
Retomamos a actividade do Club de Lectura, mantendo as dúas seccións dos cursos anteriores : unha para os pequenos de 1º e 2º da ESO e a outra, a partir de 3º da ESO.
As obras seleccionadas neste primeiro trimestre son:Otra vida para Cristina de Marta Rivera de la Cruz e O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro.
(Máis información no blog do club de lectura: http://clubdelecturaaslagoas.blogspot.com/