25.1.12

UN CHISTE DE FORGES

Como sempre, Forges está insuperable. O humor é o mellor método para a denuncia.

11.1.12

PREMIOS MARCAPÁXINAS

O Xurado do Concurso de Marcapáxinas valorou todos os traballos presentados e quere destacar a ampla participación e a calidade tanto dos debuxos como dos lemas de animación á lectura.

Acordou conceder os seguintes premios:

Primeiro premio e impresión do marcapáxinas a ANDREA CONDE LAMA.

marcpáxinas gañador 2011

Tamén concede as seguintes mencións:

TERESA ESTÉVEZ ÁLVAREZ, de 1º ESO A

NICOLÁS FERNÁNDEZ BLANCO, 1º ESO C

DIEGO MATÉ MARTÍN, de 1 BACH A

ALBA MARTÍN JIMÉNEZ, de 2º BACH C

 

marcapáxinas 1
marcapáxinas 2
 
 
marcapainsa 3 marcapaxinas 4

 

Felicidades a todos os gañadores e gañadoras.

Todos os marcapáxinas participantes atópanse expostos na biblioteca para que todos poidan comprobar o traballo ilusionado de tantos rapaces e rapazas.

Moitas grazas a todos pola vosa participación!

image xaneiro 2012 MARCAPAXINAS 001 xaneiro 2012 MARCAPAXINAS 019
xaneiro 2012 MARCAPAXINAS 025 image xaneiro 2012 MARCAPAXINAS 013

NADAL INTERCULTURAL

Un ano máis reunímonos na biblioteca para coñecer as distintas celebracións de Nadal en distintos países e áreas. Nesta ocasión, coñecemos os costumes de Venezuela, Chile,  Alemaña e Estados Unidos. E tamén soubemos do Ramadán en Xordania.

Como novidade, este ano tamén degustamos produtos tradicionais destas datas, en moitos casos elaborados polos propios alumnos e alumnas.

 

image image image
image  image image
image image  image

22.12.11

UN LIBRO, UN BO AGASALLO TAMÉN EN NADAL

Durante o mes de decembro desde a biblioteca estivemos desenvolvendo a campaña "UN LIBRO, UN BO AGASALLO", especialmente para estas datas de Nadal.
O Equipo de Biblioteca desexavos unhas boas vacacións e un feliz aninovo no que sigamos disfrutando de lecturas compartidas.

13.12.11

ENCONTRO CON ANXO MOURE, O ATRAPADOR DOS CONTOS

Hoxe visitounos Anxo Moure, o atrapador de contos, chegado das veciñas terras de Chantada.

Na súa intervención combinou contos, poesía, música, implicando activamente aos alumnos e falounos da necesidade de defender a liberdade e a tolerancia, o respecto pola natureza. Sensibilizar os alumnos  de que é posible un mundo mellor.

Tamén nos falou do proxecto Contos Solidarios nacido no 2000 da man da ONG chantadina Bicis pola Paz que doa bicicletas a mestres, médicos… de países de América Latina, Asia e África co defomentar o eco-transporte nos proxectos de desenvolvemento desenvolvidos nestes lugares. ((http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm)

 

imageimageimage imageimageimage
     
     

Moitas grazas, Anxo!

12.12.11

DESDE SERBIA EN GALEGO

Neste vídeo vemos a unha rapaza serbia cantando en galego  "Lela" e "Negra Sombra"
Sobran as palabras!





9.12.11

ENCONTRO CON GISBERT

Recibimos un ano máis na biblioteca a visita do escritor Gisbert, quen nos falou da influencia que o mundo d'As mil e unha noites tivo na súa obra e, máis en concreto, na construción dos relatos que integran Historias secretas en la noche : El mensajero de los siete reinos” y “Semiris, princesa de Babilonia” .

GISBERT 1 GISBERT 2
GISBERT 1 GISBERT3


A presentación do escritor foi realizada polas alumnas Carmen Doval e Alba García.

30.11.11

EL TEMPLO DE LAS MIL PUERTAS

Hortensia dános a coñecer esta revista online de literatura xuvenil:
El templo de las mil puertas, na que poderemos atopar noticias de actualidade, reseñas, entrevistas, información sobre novidades... que nos manterán ben informados acerca do tema.







29.11.11

A LECTURA, UN REMEDIO EFICIENTE

Da Biblioteca do Colmeiro rescatamos este interesante e divertido vídeo sobre o FOMENTO DA LECTURA.

23.11.11

HISTORIAS SECRETAS EN LA NOCHE

Unha vez máis propoñemos  a lectura dunha obra de Joan Manuel Gisbert. Nesta caso trátase de Historias secretas en la noche, que comeza así:

"Konrad, el Ecuánime, titular del señorío de Warlavia, allá en la Europa lejana, decidió convocar hace muchísimo tiemkpo un singuular concurso de narradores
Durante años se había visto forzado, contra su voluntad, a participar con su pequeño ejército en interminables escaramuzas, combates y batallas"

Proximamente recibiremos a visita do propio autor que compartirá con todos nós o proceso de creación desta novela e responderá as preguntas que queiramos formularlle. Podedes ir anotando xa as vosas opinións e comentarios acerca desta obra.


CORDELUNA

Elia Barcelo presenta en Cordeluna unha historia de amor que quedou truncada pola desgraza e a maldición.
Unha novela que combina historia e fantasía, amor e maldade, bruxería e relixión e que foi recoñecida co Premio Edebé de Literatura Juvenil.

E ti, que opinas? Deixa aquí as túas impresións de lectura.

CARRAPUCHIÑA ECOLÓXICA

Seguindo coa Carrapuchiña, atopamos esta viñeta de contido ecolóxico na que o lobo e a nena reflexionan acerca da destrución dos nosos bosques por mor dos incendios.


O seu autor é Juan López e está incluída no libro Sorrisos e boa colleita. Unha homenaxe dos humorista gráficos galegos ao noso rural.