Unha vez finalizado o proceso de reubicación de fondos e xa coa biblioteca a pleno rendemento, esta semana levaremos a cabo as sesións de Formación de usuarios co alumnado que chegou novo neste curso. Informarémolos da localización dos libros, discos, películas e DVD, da maneira correcta para localizalos seguindo os criterios da CDU, do sistema de préstamo, das actividades que estamos desenvolvendo, etc.
20.10.17
CAMIÑOS NA AUGA
Esta novela de Manuel Núñez Singala conta a dramática situación dos albinos en África. O seu protagonista, Szymo, foxe da súa Tanzania natal para procurar en Europa unha vida digna, libre dos prexuízos e supersticións que converten ás persoas coma el en vítimas de amputacións e asasinatos pola súa condición de "dili", é dicir, negocio para os sicarios.Novela de aventuras, de viaxe e tamén de iniciación, a historia de Szymo emociónanos e fainos cavilar acerca de moitos temasdos prexuízos raciais, o dereito á diferenza, ...
Anotade embaixo os vosos comentarios, as impresións sobre esta lectura.
19.10.17
26.6.17
AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS
O alumnado de
Comunicación oral de 1º Bacharelato B realizou unha lectura dramatizada de As laranxas máis laranxas de tódalas
laranxas. A montaxe final é obra da
alumna Sofía Iglesias Cadaya.
22.6.17
CAROLINA CACHALDORA GAÑA UN DOS PREMIOS DO RETO LECTOR
Carolina Cachaldora, alumna de 1º A de ESO, é unha das gañadoras do Reto Lector, convocado pola Editorial Galaxia. O xurado acordou premiar a proposta de Antía Rodeiro e, ademais houbo outras cinco persoas gañadoras -unha delas Carolina- que recibirán un lote de libros.
A continuación, podedes ver os dous vídeos de Carolina.
NUNCA MASCOTAS, de PAULA CARBALLEIRA
CHAMÁDEME SIMBAD, de FRANCISCO CASTRO
Felicitamos a Carolina pola súa creatividade e polo entusiasmo que pon en todo o que fai. PARABÉNS!!!
A continuación, podedes ver os dous vídeos de Carolina.
NUNCA MASCOTAS, de PAULA CARBALLEIRA
CHAMÁDEME SIMBAD, de FRANCISCO CASTRO
Felicitamos a Carolina pola súa creatividade e polo entusiasmo que pon en todo o que fai. PARABÉNS!!!
6.6.17
LETRAS GALEGAS
Desde a biblioteca implicámonos activamente na celebración do Día das Letras Galegas 2017.
En primeiro lugar, preparamos unha exposición dos fondos bibliográficos con que contamos e que permitiu aos lectores e lectoras achegarse á obra narrativa do autor homenaxeado.
No hall situamos un panel con códigos QR para que o alumnado puidese buscar información sobre cada unha das obras.
Ademais, os rapaces e rapazas de 1º de ESO crearon os seus cómics sobre o relato "A rapaza do circo" (Vento ferido). Pode verse unha selección aquí embaixo.
31.5.17
USHA
A novela desta última avaliación de 1º de ESO é Usha, de María Reimóndez.
Sinopse editorial:
"Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá.Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece."
Que vos pareceu esta historia?
Podedes deixar embaixo os vosos comentarios.
19.5.17
ENQUISA "HORA DE LER"
Xa está dispoñible a enquisa sobre a HORA DE LER entre o alumnado.
Picade neste enlace: https://goo.gl/forms/ 0faFPOAEVDn9ngUP2
e respondede as cuestións sobre o funcionamento e a valoración deste período de lectura que puxemos este ano en marcha.
PARTICIPADE!!!
e respondede as cuestións sobre o funcionamento e a valoración deste período de lectura que puxemos este ano en marcha.
PARTICIPADE!!!
PREMIO ILUSTRACIÓN - "O RETRATO"
Xa temos gañadores do Concurso de Ilustración, nesta ocasión o texto escollido foi "O retrato" de Castelao, pertencente á súa obra Retrincos.
1º premio: Pablo Araújo Sanmiguel (1º A)
2º premio: Paula Fernández Doval (1º E)
3º premio: Cecilia Rodríguez García (1 C)
Accésits: Martín Padrón Rodríguez (1º D) e Rubén González Rodríguez (1º A)
Na biblioteca están xa os exemplares para a súa lectura. E velaquí o libro dixital.
1º premio: Pablo Araújo Sanmiguel (1º A)
2º premio: Paula Fernández Doval (1º E)
3º premio: Cecilia Rodríguez García (1 C)
Accésits: Martín Padrón Rodríguez (1º D) e Rubén González Rodríguez (1º A)
Na biblioteca están xa os exemplares para a súa lectura. E velaquí o libro dixital.
16.5.17
POEMAS ILUSTRADOS
Outra actividade a partir de Nunca mascotas de Paula Carballeira foi a creación dun libro de poemas ilustrados.
Queredes velo?
Tamén podedes ver o vídeo que combina imaxes e recitado.
Etiquetas:
Creación. Os nosos textos,
ENCONTRO COS AUTORES
CALIGRAMAS
Non hai dúbida de que o poemario Nunca mascotas de Paula Carballeira deu para moitas e moi interesantes actividades. Ademais do interesante e divertido encontro coa escritora, os rapaces e rapazas de 1º de ESO entusiasmáronse creando os seus propios textos. Por exemplo, estes fermosos caligramas. 😃
Etiquetas:
Creación. Os nosos textos,
ENCONTROS COS AUTORES
12.5.17
VISITA DE PAULA CARBALLEIRA
Hoxe visítounos Paula Carballeira para falarnos da súa obra poética Nunca mascotas. O alumnado de primeiro de ESO disfrutou duns poemas que emocionan e suscitan interesantes reflexións acerca da relación que establecemos cos animais, que non mascotas.
Paula explicoulles diversas anécdotas que motivaron o nacemento destes poemas. A continuación tivo lugar un interesante coloquio no que xurdiron moitas preguntas e suxestións.
Un éxito total! Pola calidade do libro, pola habilidade comunicadora da autora e polo interese e atención con que os rapaces e rapazas acolleron a súas palabras.
Paula explicoulles diversas anécdotas que motivaron o nacemento destes poemas. A continuación tivo lugar un interesante coloquio no que xurdiron moitas preguntas e suxestións.
Un éxito total! Pola calidade do libro, pola habilidade comunicadora da autora e polo interese e atención con que os rapaces e rapazas acolleron a súas palabras.
Nas semanas previas, realizamos caligramas, creamos poemas e preparamos un libro ilustrado co que agasallamos a Paula.
Versión dixital do libro:
Os rapaces e rapazas de 1º C-D-E crearon fermosos caligramas. Podedes velos -unha pequena selección- aquí embaixo.
Visita tamén o noso facebook: https://www.facebook.com/unhalagoa.delibros
10.5.17
NUNCA MASCOTAS
Nesta terceira avaliación o alumnado de 1º de ESO achegouse ao libro Nunca mascotas de Paula Carballeira. Axiña teremos a oportunidade de compartir as nosas lecturas coa autora.
Anotade os vosos comentarios, impresións, interpretacións, todo o que vos aportou esta lectura.
2.5.17
TERTULIA LITERARIA EL DESORDEN QUE DEJAS
O club de lectura de 1º BAC
participou o 26 de abril na tertulia literaria do libro El desorden que dejas, xunto con outros centros da cidade. A
valoración da experiencia por parte do alumnado foi moi positiva e esperamos
que o vindeiro curso poidamos seguir compartindo lecturas deste xeito tan satisfactorio.
25.4.17
EL DESORDEN QUE DEJAS
O alumnado de 1º BAC conclúe a preparación do libro El
desorden que dejas, de Carlos Montero. O Premio Primavera 2016 será o
protagonista da Tertulia compartida que se desenvolverá o vindeiro 26 de abril
no Liceo. No desenvolvemento da reunión, destacaron da novela a súa intriga, a
caracterización dos personaxes principais e a linguaxe directa empregada polo
autor.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







