O Departamento de LINGUA CASTELÁ, en colaboración coa BIBLIOTECA, organizou unha Semana de Actos en conmemoración do DÍA DO LIBRO, celebración anticipada neste curso por mor da súa coincidencia coas vacacións de Semana Santa.
Comezamos a semana facendo un pouco de historia e recordando o bo facer literario de moitos dos nosos ex-alumnos. E fixémolo mediante unha EXPOSICIÓN DAS PUBLICACIÓNS cos TRABALLOS PREMIADOS nos Concursos Literarios que el Departamento de lingua Castelá realizou desde o primeiro curso de existencia do instituto (1977-1978). Concursos que se convocaban ao principio con motivo da festividade de Sto Tomás de Aquino e, xa máis adiante, celebrando o Día do Libro.
E rematamos ao grande no salón de actos, con dúas actuacións do incrible CRISPÍN D'OLOT, xograr do século XXI, quen, como xa ocorrera o ano pasado, nos introduciu dunha maneira moi amena no disfrute da literatura culta e popular. O xoves actuou para 4º de ESO e 2º de BACH, con textos literarios dos séculos XIX e XX; o venres, para 3º ESO e 1º BAC, con textos desde a Idade Media ao século XVIII. Organizáronse dúas sesións para que Crispín puidese recoller en cada unha contidos correspondentes a estes cursos, do programa de literatura castelá.
Pechamos a sesión do venres coa ENTREGA DE PREMIOS. O Departamento de Lingua castelá entregou os do CONCURSO LITERARIO e a Biblioteca, os correspondentes ao CONCURSO DE MARCAPÁXINAS 2011, fallado xa no primeiro trimestre.