20.12.07

María González, alumna de 2º de Bacharelato, presenta a última novela de Alfredo Conde


Carlos Varela envíanos este comentario acerca da presentación en Ourense da última novela de Alfredo Conde.

"O pasado día 17, no salón de actos da biblioteca da rúa Concello, Galaxiao rganizou a presentación da última novela de Alfredo Conde, "María dasbatallas". Con anterioridade, a editora fixérame a proposta de escoller algún alumno do instituto para que lese a novela e participase na referida presentación, opinando sobre a mesma, expresando as vivencias persoais que lle producira ou preguntando ao autor sobre aspectos da mesma. Tiña oído falar de María como excelente alumna e mais ávida lectora, e foi a ela a quen, un venres, lle propuxen presentar o libro.

Aceptou decidida despois de lle botar unha ollada na fin de semana. Canda ela participou outro rapaz (Alexandre?), que viña do Otero Pedrayo. E foi un éxito. Para Galaxia, que soubo escoller un formato áxil e cheo de credibilidade, moi axeitado para este tipo de actos. Para Alfredo Conde e a súa novela, que recolleron dos mozos loanzas e parabéns que soaban sinceros. Para o público, ao que nos resultaron gratas e mesmo emocionantes estas presenzas xuvenís tan competentes. E para a moza.

María González puido facer exhibición dunha capacidade de análise que escapou da rixidez dos guións académicos, comunicando con naturalidade (espontánea só na aparencia), nun galego conciso, enxebre na gramática e auténtico na dicción. Era o ton que cumpría, sen deixar de ser rigorosa e profunda.

María é de Chandrexa de Queixa. Souben no acto que tiña gañado un concurso de relatos no Centro Galego de Leoia. Creo."



















1 comentario:

  1. Anónimo7.3.08

    Ola! Son María. Por suposto teño que dar as grazas a Galaxia e aos profes de Galego por darme a oportunidade de participar na presentación do libro. Foi un acto moi bonito, e todo un pracer coñecer de primeira man a un escritor como Alfredo Conde. Gardo moi bos recordos desde día, grazas aos que viñestes escoitar as nosas verbas.
    Saúdos

    ResponderEliminar