21.12.07

Actividades de Nadal

Hoxe dedicamos a mañá a actividades diversas para celebrar o Nadal.

A partir das 10 realizáronse actividades deportivas, do torneo interno, e tamén un partido de exhibición profesores/alumnos.





Na Aula de vídeo proxectouse a película Shrek.
Na Biblioteca reunímonos profesores e alumnos. Alí fomos escoitando as experiencias que nos relataron rapaces chegados de países máis ou menos afastados: Arxentina, Brasil, Ecuador, Rumanía, Venezuela... que nos contaron como se celebran estas festas en diversas partes do mundo. Algúns alumnos leron breves relatos elaborados por eles mesmos na clase de Literatura Universal. Todos estes textos recollémolos no apartado "Creación. Os nosos textos."



E ás 11:30 xuntámonos no Salon de Actos para o "Festival de Nadal", presentado por Eva Gil e Estefanía Escudero, cun amplo e variado programa:
Panxoliñas elaboradas polos alumnos de 1º de ESO.
Panxoliña Brasileira (2º B9
Extracto do Mesías de Haendel (2º C)
"Noite de paz" (2º de ESO e 1º de Bacharelato)
Panxoliña Boliviana (2º A)
Pezas para gaita (Esteban Martín, 3º C)
"Adeste Fideles" (3º B e 1º de Bacharelato)
Alba Fernández (3º B): "Si tú eres mi hombre"
"Esta noche es Nochebuena" (4º C, D)
"Jingle Bells" (4ª C, D, 1ª Bacharelato C, E)
Baile "Don´t stop the music" (2º A, B)
Canon de Pachelbel (2ª Bacharelato)
Panxoliña de 1825 (2º Bacharelato)
"África" (2º Bacharelato)
Grupo de rock "Torre de marfil", con Alexia (4º D)
Grupo de rock "Skolma"






E marchamos de vacacións...

Ningún comentario:

Publicar un comentario