26.4.10

DÍA DO LIBRO CON CRISPIN D´OLOT

Este ano puidemos celebrar o Día do Libro ao grande. Tivemos a honra de escoitar e disfrutar do ben facer dun xograr do noso tempo, Crispín D'Olot, que fixo para nós un bo percorrido pola Literatura escrita en castelán. Ofreceunos dúas sesións para achegarse aos programas da materia (Literatura Castelá) dos cursos 3º ESO e 1º Bach. por unha banda e 4º e 2ºBach por outra.
Axudado coa música, xestos e voz regalounos unha boa mostra dos textos principais de todos os tempos, dando vida á Literatura, dun xeito divertido. Moitos personaxes literarios déronse cita no noso Salón de Actos para demostrar a quen aínda non o soubese que a Literatura non ten por que ser una materia aburrida, senón a vida mesma feita palabra.
Aquí vai o enlace á súa web





A continuación, entregáronse os premios do CONCURSO LITERARIO


E posteriormente tivo lugar unha lectura colectiva na Biblioteca na que os alumnos aproveitaron para deixarnos as súas recomendacíóns de lectura.



Ningún comentario:

Publicar un comentario