21.4.10

OS XOVES SI LEN

Nestes días nos que estamos preparando os actos de celebración do DÍA DO LIBRO, o diario El Mundo publica unha informacións segundo a cal "a estatística desmonta o mito de que os xoves non len".

O xornal recolle un estudo realizado polo Barómetro de hábitos de lectura y compra de libros de la Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) do que se extraen algúns datos ben interesantes:

-O índice de lectura nos xoves entre 14 e 24 anos sitúase no 70,5 %.
-E entre os 10 e 13 anos chega ao 91,2 %.
-O nivel de estudos é determinante para o hábito de lectura, xa que a maior nivel de estudos detéctase unha maior porcentaxe de lectores: 0 82 % dos que teñen estudos universitarios, o 60 % entre dos que teñen estudos secundarios e cae ao 31,1 % nos que só teñen estudos primarios.

En palabras de Elsa Aguiar, do Grupo SM, "moi probablemente, estes lectores non van deixar de selo a medida que crezan, así que podemos supor que nos próximos anos haberá un paulatino crecemento da taxa de lectura en España, como vén sucedendo nos últimos anos".
Unha información esperanzadora que nós compartimos e que nos anima a continuar desenvolvendo estratexias de animación á lectura entre os nosos estudantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario