A BIBLIOTECA, en colaboración co EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA,
convoca un ano máis o CONCURSO DE MARCAPÁXINAS de
acordo coas seguintes
BASES:
I.
FORMATO
Material:
Cartolina
Tamaño:
21 x 5
Pode
empregarse calquera técnica pictórica (acuarela, acrílico…)
II.
TEMA
O
marcapáxinas conterá:
·
Un debuxo que
faga referencia á lectura ou aos libros.
·
Un texto,
escrito en lingua galega, que pode ser unha frase, un slogan ou unha cita
literaria animando a ler ou acerca da lectura.
III.
PRAZO
O prazo
remata o día 5 de decembro de 2014.
Os
participantes entregarán na Biblioteca o seu marcapáxinas, que estará asinado
cun lema ou pseudónimo. Acompañaran o marcapáxinas dun sobre: no exterior
escribirán o mesmo lema ou pseudónimo e
no interior introducirán un papel cos seus datos persoais.
IV.
PREMIO
O
marcapáxinas gañador será premiado con 50 € en metálico. Este marcapáxinas será
reproducido e entregado como agasallo da Biblioteca. Tamén se colgará no blog
da biblioteca.
ANÍMATE E PARTICIPA!!