Esta novela,
publicada por primeira vez en 1938, trata o tema do nazismo nos seus inicios.
Conta a historia de dous amigos e
socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu
estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932,
coincidindo co ascenso do partido nazi. A partir dese momento coñecemos a súa
relación a través da correspondencia entre ambos.
Causou un gran impacto nos Estados Unidos e axiña foi traducida
a outras linguas. En Europa figuro una lista de libros prohibidos do Reichskommisar.
Foi reeditada en 1995 para conmemorar o 50 aniversario da liberación dos campos
de concentración e traduciuse a numerosos idiomas. Aclamada pola crítica de
todo o mundo, foi considerada polo The New York Times Book Review como “a denuncia
máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a
perfección mesma”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario