Xa temos na biblioteca a última novela de Francisco Castro: Tes ata as dez. Unha historia de intriga e suspense que se le dun tirón porque non se pode deixar ata rematala.
Resumo editorial:
Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador.
Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. A través de correos electrónicos,
cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai,
morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o
protagonista investigue un terrible asunto do pasado que quedou sen
resolver. Libros misteriosos, vinganzas dende o Máis Alá, historias de
amor que hai que manter ocultas..., todo un mollo de asuntos nunha
novela que nos vai levar de viaxe pola historia recente de España e
Galicia, mais tamén por dentro do corazón dos namorados que o están de
verdade.
Aquí van unhas palabras do escritor sobre a súa obra: Entrevista
Feliz e intrigante lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario